Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2012

Merendas con contos : AS ROSCAS DE MILLÁN

  A terceira das merendas con contos do mes de novembro adicadas ós oficios, comeza coa eleboración dun cartel no que está representada a   ROSCA DE MILLÁN , protagonista desta tarde.  l Para a elaboración deste manxar tivemos a sorte de contar con   ÁNGELA RIVAS RODRÍGUEZ , rosqueira da parroquia soberina de Millán. Primeiro os nenos e tamén os maiores, plantexaron unhas preguntas referidas á orixe e tradición que ten a rosca nas casas de Sober : Deseguido puxémonos "coas mans na masa" MESTURANDO OS INGREDIENTES :                        AMASANDO :                    ENFORNANDO : Todos os asistentes , ata os máis cativos, intentamos facer a rosca tendo en conta as indicacións de ÁNGELA .       O RESULTADO FOI ESPECTACULAR

Merendas con contos : Olería de Gundivós

Na segunda cita de Merendas con contos deste mes todos os nenos, e tamén os maiores, poidemos comprobar como Elías González Prieto, oleiro da parroquia de Gundivós, foi creando distintos elementos a partires do barro e gracias as súas mans e tamén a un torno máxico que facía xirar  ata conseguir os diferentes cacharros que  xa están na biblioteca : xarro, escorrecubas e un prato, no que  os nenos puxeron os seus nomes . Se queredes ter unha boa información sobre este olería , na biblioteca está o libro de Luciano García Alén : "A olería tradicional de Gundivós, as formas" estudio detallado deste gran investigador.  

Merendas con contos : Apicultura e Gandería

"As abespas e as abellas constrúen casas fantásticas con celas pequenas ; en cada cela, a avespa raíña pon un ovo ...As abellas viven e traballan xuntas e se mudan en grupo ou enxame."   Destas e moitas máis cousas falounos Iñaki Rodríguez Pérez , apicultor de Sober, nas Merendas con contos de novembro, adicadas á tradición oral e os oficios. Invitounos a probar o mel dun panal   e rematamos a actividade có texto de Ángela Wilkes, "Casas de animais", Baía edicións. "Dúas torres altas, dous miradores, un espantamoscas e catro andadores"   Sobre gandería falamos e contounos a súa experiencia Tomás Pérez Castro , responsable dunha explotación de gando vacún en Mer na parroquia de Proendos.. Os coidados, as razas, a alimentación destes animais centraron as preguntas dos nenos e nenas que remataron coa lectura de "A vaca" de Adela Leiro e Xosé Ramón Daporta, editorial A Nosa Terra.  O leite é un dos elementos fundamenta

Club de lectura Pintor de Castinande

  Os integrantes do  club de lectura Pintor de Castinande, visitamos o Planetario do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, invitados polo  seu creador Antonio Matías Vázquez Yáñez, Xefe do Departamento de Física e Química deste centro escolar. Baixo unha fermosa cúpula  observamos as constelacións e as estrelas do firmamento .   Nesta web : http://www.miraralcielo.com/   Temos un montón de contidos. Podemos consultar dende a predicción meteorolóxica, coñecer as nubes, dar un paseo polo firmamento, ata a  orixe do universo .

Club de lectura Pintor de Castinande

Rematamos o mes de outubro coa lectura da novela  " Criadas y señoras (The Help) " da escritora norteamericana Kathryn Stockett :   Skeeter volta para casa,  unha vez que remata os seus estudios universitarios. Aibileen é unha criada negra, unha muller sabia que xa criou 17 nenos brancos, tras perder a seu fillo pola desidia dos capataces cós que traballaba. Minny é a mellor cociñeira de Jackson, Mississippi, cun forte carácter que lle fai perder os empregos nas casas dos brancos. Tres persoas distintas que acabarán xuntándose para levar a cabo un proxecto clandestino nunha sociedade marcada pola desigualdade racial, na década de 1960, xusto antes da aprobación da Lei de dereitos civís de 1964. Criadas e señoras conta unha historia agridulce, que amosa o peor pero tamén o mellor das persoas. Para a autora, Kathryn Stockett,nativa de Jackson, é a súa primeira novela, escrita a partires da propia experiencia familiar. 
  DÍA DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO O día 24 de outubro celebramos cós nenos e nenas do CEIP Virxe do Carme de Sober a posta en marcha da sua biblioteca escolar. En globos de cores escribiron os títulos dos contos preferidos e debuxaron as persoaxes protagonistas. Un neno e unha nena de 6º curso leron o pregón feito para este día polo presidente da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, José María Gutiérrez de la Torre.  Noraboa as mestras Flora e Montse por recuperar esa biblioteca tan fermosa . Xa pola tarde, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, recibiu na Biblioteca Pública á todos os membros da Corporación Municipal para convidalos a que se fagan socios e animen aos seus familiares e amigos a formar parte “da gran familia literaria de Sober”. Para iso, o alcalde entregoulles unha carta na que se enxalzan as posibilidades formativas e de entretemento que a lectura achega a persoas de todas as idades. Fernández Guitián