Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN

A Xunta de Galicia crea esta data  do 30 de xaneiro coincidindo có nacemento de   Alfonso Daniel Rodríguez Castelao   , para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.              Asociación Galega de Profesionais da ilustración                                                      http://www.agpi.es/               OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN  nas Merendas con contos do venres 24 de xaneiro ALBUM ILUSTRADO : EL LOBO

LA CASA DE LOS ESPÍRITUS, ISABEL ALLENDE

Dende o mes de decembro de 2013 e  ata o día 22 de xaneiro de 2014, o Club de lectura da Biblioteca estivo coñecendo un pouco da historia recente de Chile, grazas a novela de Isabel Allende : La casa de los espíritus. Nesta historia a narradora nos introduce nunha saga familiar, encabezada por Esteban, o patriarca, un home inestable e orgulloso que posúe cobiza pola terra e que namorado de Clara , a matriarca misteriosa que predí as traxedias da familia e establece o destino da casa e dos Trueba. As paixóns desta familia Trueba, as súas loitas, e os seus segredos, expándense durante tres xeracións, e un século de violentos cambios, que culmina nunha crise social , máis os lazos de amor destos homes e mulleres son complexos e duradeiros. Página oficial de Isabel Allende  en español ,  en inglés  y  en italiano Isabel Allende  en el programa  Una belleza nueva  de  Cristián Warnken Visión sobre América Latina por Isabel Allende La casa de los espíritus ( 19

CERTAMES DE POESÍA, POSTAIS E BELÉNS

Os premiados  nos certames de Nadal POESÍA INFANTIL 3º premio SARA NAVARRO DOVAL                                                             En decembro , outra vegada                                                                                                                      con dourados e con fitas                                   Postal feita por HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ                   agochamos a verdade                ruina, morte e destrucción.               Un planeta moribundo,               asoballado e desparello,               onde os pobres do mundo               non coñecen o Nadal.             Sementeira de esperanza             xerminada coa dor             esmagada polas botas             destes amos do terror.            Cando soen as badaladas            dunha nova alborada,           chegarán outras batallas           que non podemos perder.          Xa nin cartos nin poder :          Só a solidariedade           leva

VISITAMOS O MUSEO DO TREN

  O día 8 de xaneiro o Club de lectura Pintor de Castinande realiza a primeira das saídas deste ano 2014 e  visitamos  as instalacións do  Museo do tren de Monforte de Lemos ( http://www.muferga.es/   )   Durante case dúas horas e grazas as explicacións dun técnico-guía, coñecemos un pouco máis da nosa historia recente vinculada neste caso ó ferrocarril, medio de transporte que supuxo un gran cambio nas estructuras económicas e sociais da nosa comarca. Neste museo recuperaron e restauraron vehículos e infraestructuras ferroviarias que nos achegan a un mundo de vehículos de vapor que moitos recordamos coma a locomotora de vapor Mikado que se conserva neste museo.