Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

RECORDOS DE ABRIL , mes dos libros.

A programación deste mes estivo centrada nas actividades programadas para celebrar :  .  D ía internacional do libro infantil   ( 2 de abril)  .  Dia do libro e dos dereitos do autor   (23 de abril) . Os  contacontos  de   SUSA HERRERA   e  CAXOTO     fixémolos no CEIP  de Sober e alí os nenos participaron das historias con música que ambos creadores   mostraron , como non, na  biblioteca  do colexio.  . Montamos o II mercadillo de libros . Decoramos follas de cartón e cartulina   para compoñer : os libros nas árbores   Nas plantillas que compoñen as pólas das árbores , quedaron plasmadas os recordos das lecturas de nenos e adultos.  .O club de lectura Pintor de Castinande tamén celebrou o Día do libro convidando a AÍDA MENÉNDEZ  LORENZO  a presentar a súa guía do Camiño de Inverno a Santiago.

Novidades en ABRIL DOS LIBROS

NOViDADES MES DE ABRIL

ENCONTROS COA AUTORA : AIDA MENÉNDEZ LORENZO

ENCONTRO COA AUTORA Aida Menéndez Lorenzo  Guía del Camino de Invierno a Santiago          mércores 23 de abril ás 19:00h .      Club de lectura Pintor de Castinande    Biblioteca Pública do Concello de Sober

DÍA DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR

Abril mes dos libros Mércores 23 : Día do libro e dos dereitos do autor -“Un LIBRO , un AGASALLO ” : durante toda esta xornada celebramos o Día Internacional do Libro, agasallando cun libro a tódalas persoas que  se acheguen ata Biblioteca do Concello de Sober . - A LINGUA A P(l)LACER : contacontos a cargo da   trastenda dos contos . Será ás 12:00 h. na Biblioteca do CEIP Virxe do Carme de Sober. -Encontro coa autora : Aida Menéndez Lorenzo presentará : Guía del camino de invierno a Santiago .  Será na Biblioteca Pública do Concello de Sober, ás 19:00h ., organizado polo Club de lectura Pintor de Castinande.

FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

A biblioteca de Sober tamén celebra a Feira do Viño de Amandi coa exposición de parte do seu fondo con temática relacionada có cultivo da vide e a elaboración dos viños que esta fin de semana festexa este pobo. Nesta exposición encontraremos contidos que nos falan da orixe e elaboración do viño e dos recursos bibliográficos que posúe a Biblioteca sobre esta materia. CARTEL E PROGRAMA DA FEIRA 

LAS BALADAS DEL AJO, de MO YAN

O   Club de Lectura da Biblioteca   de   Sober   viaxa no mes de marzo ata o  afastado oriente coa lectura de " Las baladas del ajo ", de   Mo Yan . Esta novela reflicte as desastrosas consecuencias dunha economía dirixida. Animados polo goberno comunista, os agricultores emprenden o cultivo do allo en grandes extensións de terreo. A produción é xigantesca, pero non hai suficiente demanda. As colleitas   malógranse e a ruína afecta a miles de familias. As protestas populares son reprimidas con brutalidade. Xunto a esta realidade hai unha historia de amor, sensibilidade e solidariedade entre os veciños. Mo Yan ( Shadong 1955) é un pseudónimo dun escritor chinés contemporáneo, Guan Moye, que significa "non fales". Premio nobel de literatura en 2012, as súas obras foron traducidas ao inglés, francés, alemán e español, entre outras linguas. Naceu nunha familia de granxeiros e aos 20 anos alistouse no Exército Popular de Liberación e  comezou a es

OS LIBROS NA ÁRBORE : no DÍA DO LIBRO INFANTIL

COMPOSICIÓN FEITA POLOS NENOS@ DO CEIP VIRXE DO CARME DE SOBER PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

-Lectura do manifesto feito por Siobhán Parkinson e exposición do cartel de Niamh Sharkey. -Os libros na árbore : crecen as novas follas na primavera cheas de contos e debuxos. En plantillas de cartón con forma de follas, nenos e maiores, deixarán plasmados recordos das súas lecturas. Estas follas colgaranse dunha árbore preto da biblioteca. -Bookcrossing : liberamos libros no parque infantil de Sober. As actividades deste día son en colaboración có CEIP Virxe do Carme de Sober.  Ás 12:00h. na biblioteca do colexo.