Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2014

Irene en centroamérica : contacontos

Contacontos de Solidaridade Internacional dentro do programa de animación á lectura   LER CONTA MOITO  , cofinanciado pola Consellería de  Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  e o Concello de Sober. Será este xoves , 24 de xullo , ás 18h . nas piscinas muinicipais .

Bibliopiscina : a lectura no tempo de lecer

Este verán , de novo, podemos disfrutar das lecturas nas piscinas de Sober, grazas ó servizo da BIBLIOPISCINA que acerca os libros da biblioteca municipal ata estas instalacións. Unha selección de libros  para todas as idades , que están a disposición dos bañistas , como unha oferta para o tempo de lece r e dentro da promoción do libro e da lectura que realiza o Concello de Sober a través da Biblioteca Pública . Para acceder a este servizo bibliotecario non cómpre ningún tipo de carné da Biblioteca senón que posúe un acceso libre e gratuíto , e tampouco supón custe adicional algún para as persoas que acceden ás Piscinas Municipais .