BEGOÑA CAAMAÑO http://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/morre-begona-caamano-voz-lila-da-literatura-galega/20141027154038031781.html A escritora e xornalista Begoña Caamaño morreu hoxe en Compostela. Autora de dúas novelas, Circe o pracer do azul e Morgana en Esmelle é un dos principais nomes da literatura dos nosos días. Todo un pracer ler os seus textos : " .. .O meu nome é Morgana. Morgana de Cornualles. Morgana de Tintaxel. Morgana de Ávalon. Morgana de Camelot. Morgana, a filla de Garlois. A irmá do rei. A sabia. A druída. A meiga. A fada. A bruxa. A puta."