Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2014

BO NADAL

Vinte anos de lecturas

REMATAMOS A CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA CÓS NOSOS  USUARIOS HABITUAIS :  OS NEN@S DAS MERENDAS CON CONTOS    OS INTEGRANTES DO CLUB DE LECTURA  PINTOR DE CASTINANDE.

NADAL 2014

INÉS DE CASTRO : conto ilustrado

No día de onte fíxose a  presentación e a entrega de exemplares do conto : INÉS DE CASTRO , UNHA MULLER PARA O 8 DE MARZO , O traballo foi posible grazas a colaboración de moitas institucións e persoas:  Colectivo Lemos Le, integrado polas bibliotecas escolares, municipais e asociación de libreiros da comarca de Terra de Lemos.  CIM,  CEIPs ,  CPR e  CEE de Monforte de Lemos, Pobra de Brollón, Currelos, Bóveda, Saviñao e Sober. Grazas a creatividade dos nenos e as nenas foi posible ilustrar a historia desta muller monfortina elexida este ano 2014 para destacar a figura dunha muller das Terras de Lemos como protagonista no día 8 de marzo,  día da Muller. UN CONTO PRECIOSO QUE PODEMOS ATOPAR NESTE ENLACE : Inés de Castro: Unha muller para o 8 de marzo E TAMÉN ESTÁ NA BIBLIOTECA A DISPOSICIÓN DOS USUARIOS. 

El país de las sombras largas, de Hans Ruesch

O club de lectura no mes de novembro : "Cuando al despertarse Ernenek levantaba la cabeza del saco de pieles, su primer pensamiento era habitualmente para el montón de carne puesta a pudrir cerca de la lámpara para que se hiciera tierna y gustosa." Así comeza o primeiro capítulo desta novela publicada en 1950 e na que se relata a vida diaria dos inuits, habitantes das rexións máis septentrionais do planeta e as  relacións que establecen cós homes do sur. O autor,   Hans Ruesch  ( Nápoles ,  17 de mayo  de  1913  –  Massagno , 27de agosto   2007 ) http://es.wikipedia.org/wiki/Hans_Ruesch Para coñecer algo máis sobre os inuits entrar nesta ligazón, é dun congreso de antropoloxía organizado  pola Universidade de León no ano 2011 : https://es.scribd.com/doc/250862909/El-deshielo-humano-Los-inuit-cazar-para-comer-o-vivir-para-cazar

Efemérides : Hildegart Rodríguez Carballeira

Biografía que atopamos na biblioteca de Sober. CENTENARIO do nacemento de  Hildegart Rodríguez Carballeira .  Nace en Madrid un 9  de decembro de 1914 e morre un 9 de xuño de 1933, morta aos 18 anos, asasinada pola súa nai. As circunstancias da morte e a relación coa nai escureceron outros aspectos da vida de esta muller considerada actualmente unha das voces femeninas destacadas de comenzos do século XX. Con apenas 18 anos publicou 20 libros : ensaios políticos, estudios no campo da educación sexual das mulleres ; H ildegart defendeu o divorcio, a anticoncepción e a liberación feminina de toda clase de tabús e prohibicións sexuais e consideraba que este conflito superaba en importancia a todas as revolucións que coñecera a humanidade . Entre  as publicacións destaca a monografía   La rebeldía sexual de la juventud , que vendeu 8.000 exemplares só en Madrid na semana da súa publicación.  Fonte :  http://praza.gal/cultura/8374/reconecer-a-hildegart-reconecer-a-hi