Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2015

El blog del inquisidor , de Lorenzo Silva

O club de lectura adéntrase nesta novela na que unha  historiadora encóntrase na web un blog que lle chama a atención  :  Caderno  do inquisidor  . Ela centrou a súa tese doutoral no estudo do Tribunal do Santo Oficio na España do século XVII, polo que o apelativo do inquisidor  esperta deseguida o seu interese. O diario dixital deste Inquisidor reflicte un home atormentado que relata que tivo parte nuns polémicos sucesos acontecidos nun convento español no século XVII, cando se acusa as monxas e o abade de herexía . El é o encargado dos interrogatorios aos acusados. Pero, quen hai detrás deste inquisidor que colga a súa bitácora na rede? Que significa este diario?  LORENZO SILVA   Será este escritor o  que nos acompañe nas próximas semanas, en esta novela que nos introduce nun proceso da Inquisición contra as monxas benedictinas do C onvento da Encarnación de Madrid e en especial a súa priora Teresa Valle de la Cerda , que despois de ser condeada polo Santo Oficio l

CONVOCATORIA CERTAMES XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

O Concello de Sober comeza cós preparativos da súa feira do viño coa convocatoria de dous certames. Aquí vos deixamos os enlaces coas bases dos mesmos.  , CERTAME CARTEL XXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI CERTAME DE DEBUXO INFANTIL

Confidencial : eliminar ó Rei, de Margarita Rodríguez Otero

No Club de lectura rematamos de ler Confidencial : eliminar ó Rei, de Margarita Rodríguez Otero. A elección de ler esta novela da escritora monfortina foi unha gran oportunidade de coñecer unha parte da historia  de Monforte de Lemos grazas a trama  que trancurre nesta cidade nos ano 50 do pasado século. Un paseo polas rúas coñecendo e recordando os edificios emblemáticos, os lugares de reunión das persoas e os establecementos comerciais que marcaron toda esa época.  Destaca a labor investigadora desta autora , centrada nas maniobras militares que se desenvolveron en Bóveda no ano 1907, e que supuxeron un acontecemento militar impresionante na comarca de terras de lemos, coa presencia do monarca, Alfonso XIII xunto con militares de Alemania, Turquía e Inglaterra.  Unha lectura recomendable para empezar un novo ano. Margarita Rodríguez Otero participou nun encontro cós membros do CL Pintor de Castinande. Diario ABC :   MANIOBRAS MILITARES EN BÓVEDA https:/

Literatura sobre a 2ª guerra mundial para nenos , mozos e adultos

Polo aniversario da entrada dos aliados no campo de exterminio de Auschwitz , enlazamos cunha publicación na que se nos ofrece unha bibliografía adicada a un público de todas as idades. Estos títulos os podemos atopar na biblioteca de Sober  e os podemos levar en préstamo. 70 ANIVERSARIO DA LIBERACIÓN DE AUSCHWITZ Campo nazi de Auschwitz-Bikernau en Oswiecim, Polonia.

Incidente no blog

Dende hai uns días do noso blog desapareceron todas as imaxes, e non sabemos como poñer solución a este problema . Pedimos desculpas aos nosos lectores e intentaremos solucionalo.

ENTREGA PREMIOS CERTAMES NADAL

Na tarde de onte o alcalde de Sober , Luís Fernández Guitián , entregou os  premios aos  participantes nos certames convocados pola biblioteca neste nadal 2014 :   POESÍA, POSTAIS e BELÉNS             NORABOA A TÓDOLOS PREMIADOS Nesta ligazón atopamos o listado de premiados : http://www.concellodesober.com/amplia.php?id=349

Club de lectura no inverno : CONFIDENCIAL : ELIMINAR Ó REI

COMEZA O INVERNO COA LECTURA DA NOVELA :   CONFIDENCIAL  : ELIMINAR Ó REI da monfortina Margarita Rodríguez Otero http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2014/08/24/quiero-dar-conocer-era-monforte-anos-cincuenta/0003_201408M24C4991.htm «Quiero dar a conocer cómo era Monforte en los años cincuenta» Margarita Rodríguez Otero habla de su última novela de intriga real NATALIA SENRA/ C. C. MONFORTE / LA VOZ    24 de agosto de 2014