Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2015

NOVIDADES LECTORAS NA PRIMAVERA

NOVIDADES NO FONDO INFANTIL XUVENIL NOVIDADES NO FONDO DE ADULTOS

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

  MERENDAS CON CONTOS DO VENRES 27 DE MARZO  Celebramos o Día Mundial do teatro cunha selección de lecturas  da biblioteca e cun obradoiro de debuxo adicado ó dramaturgo  Ramón María del   Valle Inclán . Nesta tarde un grupo de nenas e nenos leron unha obriña de Jacobo Paz titulada : Príncipe lagarto

Exposición : O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA

EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS PRESENTADOS AO  I CERTAME DE DEBUXO INFANTIL FEIRA DO VIÑO DE AMANDI do 27 ó 10 de abril Sala de Exposicións Centro Sociocultural de Sober Alumnos de 5º de primaria do CEIP Monte Baliño de Castro, Pantón. Visita á exposición dos alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober  Os escolares participantes no certame posan cós  agasallos recibidos acompañados polos mestres e polo alcalde de Sober. NORABOA A ESTES GRANDES DEBUXANTES E GRAZAS POR PARTICIPAR.

XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

ESTA FIN DE SEMANA TEN LUGAR ESTA FEIRA NO NOSO CONCELLO QUE CHEGA XA   A XXXV EDICIÓN . AQUÍ  DEIXAMOS O PROGRAMA DESTA FEIRA ,DECLARADA FESTA DE INTERESE TRURÍSTICO, COAS ACTIVIDADES PREVISTAS  NAS QUE  PODEDES PARTICIPAR E  ASÍ COÑECER A EXPLÉNDIDA NATUREZA   QUE TEMOS NA RIBEIRA SACRA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

SELECCIÓN DE LIBROS DE POESÍA   da biblioteca de Sober. O 21 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA .  Na biblioteca fixemos unha selección de libros de poemas que podes ler  nesta primavera que acabamos de estrear.  FELIZ DÍA DA POESÍA   Mensaxe da Directora da Unesco:          http://www.un.org/es/events/poetryday/ Guiada  da man dun soño a primavera chegou. ¡E tódalas anduriñas no ceo azul convocou¡ Todo é voar e voar e andar daquí pra  alá. ¡Todo nun ir nun vir dende aquí deica acolá¡ ¡Voan pra riba, pra baixo¡ ¡Van ó alto, van ó fondo¡ ¡Voan en liña seguida, en picado e en redondo¡ Anduriñas en concello,  sobre dun poste pousadas. ¡Que de palabras secretas e razós apaixoadas...¡ ANDURIÑAS , de Os soños na gaiola : MANUEL MARÍA

MANUEL MARÍA e a BANDA DE SOBER

Nas MERENDAS CON CONTOS  do venres 13 de marzo fixemos un obradoiro adicado ao  DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA , que se celebra  o día  21 de marzo á proposta da  Unesco . Os participantes elaboraron un cartel   có soneto  á   BANDA DE MÚSICA DE SOBER que o escritor chairego  MANUEL MARÍA   adicou   a esta formación musical  co gallo do seu 125 aniversario.

O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA

Traballo gañador do I C ertame de debuxo infantil  Feira do viño de Amandi  Parabéns a autora  ,  LISBETH SÁNCHEZ DÍAZ ,    de 11 anos de idade ,  e alumna do C.E.I.P.  Virxe do Carme de Sober. O Concello de Sober empregará este debuxo para imprimir  adhesivos cós que agasallará aos visitantes da Feira que se  celebra o 28 e 29 de marzo .

CERTAME MULLERES DE LEMOS

                            BASES  DO  CERTAME

VISITAMOS UNHA ADEGA

AS MERENDAS CON CONTOS   VISITAN UNHA ADEGA :  venres 6 de marzo Visita didáctica a unha adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra : Coñeceremos o funcionamento desta   importante industria que se desenrola no noso Concello xa dende hai moitos anos .  Unha actividade incluída no MES DO AMANDI organizado polo Concello de Sober . Sairemos ás 17:15h diante do Concello, en coches particulares.     Consello regulador D.O. Ribeira Sacra

CERTAME DEBUXO INFANTIL Feira do viño de Amandi

TRABALLOS PRESENTADOS ao   I CERTAME DE DEBUXO infantil Feira do viño de Amandi Alumnos /as 5º primaria do C.E.I.P. "Monte Baliño"  Castro-Pantón Alba Dalama Vázquez Yeray Garrido Moreno Ismael González Rois Antón López Vázquez Sara Losada Pardo Luís Rodríguez Vilariño  Antía Saco Díaz Jonathan Vilariño Rodríguez Neste enlace vemos os debuxos presentados polos Alumnos / as C.E.I.P. Virxe do Carme de Sober