Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2015

HORARIO DE VERÁN

  Recordarvos que a partir de mañá e durante o   mes de xullo      o   horario  da  BIBLIOTECA será  : de  LUNS a VENRES de  9:00 a 14:00 h.

CON DEZ POEMAS POR BARBA

LUCÍA ALDAO e   MARÍA LADO : poesía e música  mércores 10 de xuño ás 19:00 Club de lectura Pintor de Castinande BPM de Sober

Da Ciencia Á Ficción : Premiados

Entrega de premios do                 Certame de  Narración e  Debuxo LETRAS GALEGAS 2015 : Da Ciencia Á Ficción Premiados : DEBUXO  -Ata 8 anos  1º Héctor Fernández González 2º Xoán Pérez Fernández 3º Pablo Pérez Freire - De 9 a 11 anos  1º Rocío González Jiménez 2º Iago Varela Losada 3º Laura Rodríguez González -De 12 a 16 anos 1º Lucía López Mosquera 2º Trinidad Crespo Jiménez    NARRATIVA  -De 12 a 16 anos  1º Alba Varela Losada 2º Sara Navarro Doval NORABOA A TODOS OS  PREMIADOS  e tamén a todos os participantes,  fantásticos debuxantes e narradores.

MERENDAS CON CONTOS : remate de actividades

PLATA QUEMADA, de Ricardo Piglia

Engadir título O club de lectura Pintor de Castinande rematou de ler a novela Plata quemada , do autor arxentino  Ricardo Piglia . É unha novela "negra" publicada no 1997 en Buenos Aires. Parte dun caso real : un atraco a un furgón cheo de plata que sucedeu nesa capital no ano 1965. Os atracadores escapan a Montevideo e ata alí os persegue a policía. A novela novela recorda na súa formulación a "Sangre  fría" de Truman Capote, polo estilo xornalístico e meticuloso de reconstruír a historia e polo seu afán de contar o caso co máximo de verosimilitude. As personaxes, a medida que os vamos coñecendo, resultan inquietantes e o autor, ó final, elévaos case á categoría de heroes. Non nos evita Ricardo Piglia ningunha das múltiples baixezas e maldades humanas: vamos a ter que enfrontarnos coa forma de traballar, utilizando como ferramenta habitual a tortura, da policía arxentina; darémonos tamén de bruces cunha maldade nihilista, sen sentido nin explicac