Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2015

Premios Mulleres de Lemos no DÍA DA BIBLIOTECA

O día 24 de outubro, para celebrar o Día da Biblioteca , o Colectivo Lemos le organizou por terceiro ano unha cea na que se xuntaron persoas  relacionadas coa cultura , a lectura e a educación . A biblioteca de Sober tamén estivo representada e neste acto entregáronse os premios  ós gañadores do C ertame MULLERES DE LEMOS  adicado este ano a María Castaña . 1º premio divulgación :             XURXO AYÁN 1º premio B anda D eseñada :    SARA RODRÍGUEZ BARRIENTOS Accésit B anda D eseñada :        VÍCTOR DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ O alcalde de Sober entrega un agasallo. Xabier Quiroga , presente neste acto, le o seu texto :  "A miña biblioteca, a miña casa"                          Proxectouse  o  conto  María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo , elaborado polo CIM a partir dos traballos feitos polos alumnos e alumnas dos centros de Educación de Primaria da Comarca; con voz en off da xornalista Manola P

Universo de libros

24 de outubro : DÍA DA BIBLIOTECA Por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil , dende 1997, en colaboración có Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, celébrase o  DÍA DA BIBLIOTECA , có obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento o traballo dos  bibliotecarios/as. Na comarca de Lemos , as bibliotecas municipais e escolares editamos un marcapáxinas que tamén leva un texto feito por OLGA NOVO (Vilarmao, A Pobra do Brollón, Lugo. 1975)   " O célebre escritor arxentino Jorge Luis Borges imaxinou o Universo baixo a forma dunha biblioteca. E soñou tamén cun libro de area que non tiña fin. Eu sempre soñei coa imensa biblioteca de Alexandría que chegou a conter milleiros de papiros que tiñan enrolado todo o saber da Antigüidade . Pero o meu universo de infancia non tiña libros. O meu universo de infancia tiña vacas. Tamén ovellas, coellos, cans... pero sobre todo vacas. O meu cua

Territorios estraños

Ramón Sandoval, Poeta de Sober,  na Radio galega Volume adicado polo autor no 20 aniversario da biblioteca. " ONDA DE CALOR " : do poemario Territorios estraños   Rotulado na entrada da Casa da Cultura de Sober , feito polos nen@s para celebrar o   Día da Poesía . 

Mañá na biblioteca

           Mircromina Teatro de Títeres presenta :   "MARTÍN MARTÍN" Espectáculo dirixido a un público infantil e familiar, que conta como un neno , inmerso no moderno mundo tenolóxico , entra en contacto con outro xeito de sentir e de facer, o da súa avoa Margarita. Ela é quen de amosarlle o valor da creatividade a través da atención e do traballo propio.... NA BIBLIOTECA ÁS 17:30h.

Colectivo Lemos Le

Cea do 24 de outubro P ara conmemorar o  Día da Biblioteca  que se celebra o  24 de outubro ; organizamos por  terceiro  ano unha  cea de confraternidade  para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación. Colectivo Lemos le

Mañá na bilioteca

ENCONTRO COA AUTORA : Un cesto de mazás A biblioteca pública municipal de Sober ten o pracer de convidarvos a presentación deste libro. Será ás 19:00 na biblioteca. A concelleira Paula Vázquez Verao conducirá a presentación do libro : “Un cesto de mazás ” a cargo da autora,   Montse  Fajardo .   No acto participará Luís Bará , membro da asociación de memoria histórica  “A Regaduxa” de Vilaboa.

Día da biblioteca

Por iniciativa da  Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil , desde 1997, en colaboración có Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cada  24 de outubro   celébrase o Día da Biblioteca, co obxetivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos biblitoecarios/as. Cada ano encárgase a un escritor e a un ilustrador a redacción do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España. Este ano os seleccionados son o escritor  Diego Arboleda , Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, e a ilustradora  Leticia Ruifernández . PREGÓN DE DIEGO ARBOLEDA   «Con motivo del Día de la Biblioteca, quiero compartir con vosotros un secreto: el Conejo Blanco casi siempre tiene prisa. Quizá algunos penséis que esto no tiene mucho que ver con las bibliotecas y que, además, como secreto, deja bastante que desear. Alicia en el País de las Maravillas  se publicó hace 150 años,

Merendas con contos

     MERENDAS CON CONTOS Outubro : O MES DA IBLIOTECA VENRES, 16 DE OUTUBRO : - Comeza o “ ÁLBUM DOS CONTOS ”: iremos colocando pegatinas dos libros lidos cada venres  cun debuxo e unha pequena valoración. - Preparamos o aniversario da biblioteca que se celebra o 24 de outubro coloreando as pegadas ata a biblioteca e elaborando un cartel para    agasallala. VENRES, 23  DE OUTUBRO : Micromina Teatro de Títeres : MARTÍN, MARTÍN Proxecto Buxiganga. Deputación de Lugo VENRES,  30 DE OUTUBRO : Polo Correo do Vento : O MISTERIO BENITO SOTO Contos e debuxos Ler Conta Moito. Xunta de Galicia

Efemérides

     O día  9 de outubro de 1892   nace IVO ANDRIC  ( Dolac, Austria-Hungría, 1982-Belgrado, 1975 ), premio Novel de Literatura en 1961, foi o literato máis sobranceiro da extinta Iugoslavia. Diplomático á par que escritor até 1941, durante a ocupación nazi permaneceu retirado da vida pública, escribindo as obras que lle darían sona mundial : A ponte sobre o Drina, Gospodica e Crónica de Travnik.   Título traducido do serbio de Jairo Dorado Cadilla . "Na maior parte do seu percorrido, o río Drina discorre entre gorxas escuras, entre inclinados penedos ou a través dos canóns profundos de bruscas montañas. Só nalgúns lugares do curso as súas beiras convértense en amplos vales creando, nunha ou noutra ribeira, fértiles terreos que ás veces son chans e ás veces forman bancais, axeitados para o cultivo ou para asentarse xente." ( páx.7)