Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2016

Mañá na biblioteca : DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O día 2 de abril para conmemorar  o nacemento de Hans Christian ANDERSEN celebramos o DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL . Mañá na biblioteca , nas Merendas con contos, faremos un obradoiro baixo o título :    COMO ME GUSTA ANDERSEN ¡¡ coñeceremos algo da súa vida        e leremos moitos CONTOS Ás 17:30 na biblioteca de Sober.   Cada ano, a   OEPLI   e as súas catro seccións , entre as que se encontra  GÁLIX  ( Asociación galega do libro infantil e xuvenil ) traballan para celebrar este día no maior número de lugares de toda España e tamén , coma todos os anos, a BPM de Sober participa nas actividades promovidas e no concurso anual que convoca, que este ano se chama : Adopta un animal de conto.

DÍA DO TEATRO

DÍA DA POESÍA

«Al rendir homenaje a aquellas y aquellos para quienes la palabra libre, fuente de imaginación y de actuación, es el único instrumento, la UNESCO reconoce el valor de la poesía como símbolo de la creatividad de la mente humana. Al dar forma y palabras a lo que todavía no tiene ni una cosa ni la otra (la belleza inexplicable que nos rodea, los enormes sufrimientos y la miseria del mundo), la poesía contribuye a la expansión de nuestra humanidad común, y ayuda a hacerla más fuerte, más solidaria y más consciente de ella misma.» Mensaje   de la Sra. Irina Bokova, Directora General de la UNESCO, con motivo del Día Mundial de la Poesía. 21 DE MARZO : DÍA DA POESÍA Este ano 2016 a Real Academia Galega homenaxea a figura de  Manuel María , o poeta da Terra Chá.    Escollemos un dos seus poemas para celebrar este día da POESÍA   A fala. Manuel María O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar

Estamos de festa : XXVI FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Nesta feira convocouse o II Certame de Debuxo infantil dirixido aos centros de Educación Primaria da comarca de Lemos . Eiquí vos deixamos os traballos presentados e o debuxo gañador , que decora unha chapa que se repartirá entre os asistentes a esta festa.  Traballos dos nenos e nenas do CEIP de Sober : Certame de debuxo   Traballos dos nenos e nenas do Colexio Ferroviario  de Monforte de Lemos :    Chapas có debuxo premiado no certame, feito por UXÍA TRAIL BATES . PARABÉNS para esta alumna do CEIP Virxe do Carme de Sober .

CL-Podría hacerte daño, de Luisa Castro

O club de lectura da biblioteca de Sober inicia a sexta lectura desta tempada. Trátase do libro de relatos PODRÍA HACERTE DAÑO ,  da escritora   Luisa Castro   g añadora con esta obra do XVI Premio de Narrativa "Torrente Ballester" Son vinte relatos  que contan pequenas historias case sen importancia- unha operación de xeonllo, unha inesperada patada no cu, a primeira mentira- pero esas pequenas historias conforman un territorio misterioso, onde se esconde a besta. Como quen lanza unha pedra ao mar,  Luisa Castro proxéctanos dende o mais concreto cara ao territorio do misterio. E nese territorio proponnos a insubmisión da imaxinación e a intelixencia. UN CARTÍLAGO MENOS  Tenía trece años y acababa de romperme la rodilla. Yo era alero pivot en mi equipo de baloncesto y mi misión principal era salir al rebote. En una de esas refriegas debajo de la cesta pisé mal, metí el codo y seguí jugando con la rodilla rota hasta el final del partido. Ya en frío me di cuenta de

8 de marzo : CERTAME MULLERES DE LEMOS

BASES DO III CERTAME MULLERES DE LEMOS O Colectivo Lemos Le formado polas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, O Saviñao e Sober e as Bibliotecas Escolares e Equipos de Dinamización e Normalización  Lingüística do CEIP A Gándara, CEIP A Pobra de Brollón, CEIP Colexio Novo, CEIP Monte Baliño, CEIP Virxe do Carme, EEI Infanta Elena e IES Daviña Rey ; convoca a terceira edición do Certame de Divulgación Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras relevantes na historia das Terras de Lemos. Cada ano escollese a figura dunha muller que fose relevante na historia das Terras de Lemos, que nacera, vivira ou morrera na comarca, ou cuxa vida estivera relacionada con ela. Intentarase que cada convocatoria sexa adicada a unha muller dunha localidade diferente. Este III certame rexerase polas seguintes bases :  Primeira : O certame deste ano versará sobre a figura de LOLA DE PENELAS. Segunda : Establécense 2 modalida

Hoxe na biblioteca : ANXO MOURE

Imos vendimar un conto: O Carballo con Botas camiñando polas ribeiras de Sober achou unha muller peixe, unha xacia do Sil vendimando un conto.  O carballo quixo axudala e ela convidouno a que, cun cestiño enriba da cachola cargado de contos, a acompañase a contar historias para aprender a amar os ríos e coidar as súas augas.  Probablemente cheguen a Sober, para ensinarvos a cantar, contar, e mesmo bailar a música do río no seu esbarar por penedas e cachóns, por fervenzas e augas caídas cara o Sil e o Miño. ANXO MOURE estará hoxe , 4 de marzo , cós seus contos, na biblioteca.   Coma sempre ás 17:30h. MERENDAS CON CONTOS .

Novidades BANDA DESEÑADA

No cuarto centenario da morte de MIGUEL DE CERVANTES , entra na biblioteca este volume no que dous grandes nomes do cómic español :    Miguelanxo Prado e David Rubín, indagan na vida e a obra  de Cervantes: Prado ilustra a biografía do escritor, dividida en capítulos temáticos, mentras que Rubín adapta ó  cómic El retablo de las maravillas , unha das obras que Miguel de Cervantes non chegou a vela representada. Entremés satírico cunha gran carga biográfica, xogando  có binomio ficción-realidade.