sábado, 27 de febrero de 2016

CANTARES GALLEGOS, de ROSALÍA DE CASTRO


Obradoiros na biblioteca no mes de febreiro, agasallando a escritora Rosalía de Castro



"Por darlle contento,
por darlle consolo, trocando en sonrisas
queixiñas e choros."









Lecturas do  libro :
Rosalía pequeniña, libro-disco de Uxía con poemas de Rosalía.














"¡Canta, paxariño alegre,             
canta!
Canta por que o millo medre.
¡Canta!
Canta por que a luz te escoite.
¡Canta!
Canta que fuxeu a noite.

miércoles, 24 de febrero de 2016

Parabéns ROSALÍA


 NO 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, a biblioteca de Sober agasalla a esta escritora cun vídeo realizado polos nenos e nenas usuarios desta biblioteca. 




martes, 23 de febrero de 2016

CL-La república de los sueños, de Nélida Piñón

 



O Club de lectura da biblioteca comeza o ano 2016
coa novela :

 La república de los sueños de  Nélida Piñon.


Escritora e xornalista brasileira nada en Rio de Janeiro no ano 1937. A súa fascinación pola palabra tanto escrita como oral remóntase desde a súa infancia influída polos seus devanceiros celtas, galegos e brasileiros. Os seus avós eran galegos, de Cotobade (Pontevedra) e nesta novela "A república dos Sonhos" aparece reflexada unha parte da historia da  emigración galega.

É licenciada en Filosofía da Universidade de Columbia e é profesora da Universidade de Miami. Ten unha vasta obra literaria. En 1995 recibe o prestixioso premio Juan Rulfo. Logo foi presidenta da Academia Brasileira de Letras (ABL) entre 1996-1997, sendo a primeira vez que unha muller presidía unha academia literaria en todo o mundo.

 No ano 2003 recibe o premio Menéndez Pelayo. No 2004, a Universidade de Oklahoma outórgalle o premio Puterbaugh e no 2005 recibe o premio Príncipe de Asturias.


"Madruga e Venancio naceron co século. Coñecéronse no barco inglés que os trasladou de Vigo a Río de Janeiro no ano 1913. Apenas eran uns raparigos cando deixaron atrás a miseria e o desamparo do seu país para navegar detrás dun soño, rumbo aos paraísos de ultramar"


Novidades adultos: BIOGRAFÍAS








jueves, 18 de febrero de 2016

MAÑÁ NA BIBLIOTECA : LEMOS , DEBUXAMOS E CANTAMOS CON ROSALÍA




Os venres 19 e 26 de febreiro, os nenos e as nenas que acudan á biblioteca celebrarán o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO ( 24 de febreiro ) con obradoiros de debuxo e lectura da súa obra.


Merendas con contos , ás 17:30 na Biblioteca de Sober.

jueves, 11 de febrero de 2016

Merendas con contos en febreiro



Actividades das MERENDAS CON CONTOS  no mes de febreiro :


VENRES 21 : DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro foi declarado pola Unesco como o día no que se conmemora a riqueza da diversidade lingüística e cultural do planeta:
  • Faremos un obradoiro adicado ás Linguas do Mundo .
  • Lectura de "Cando eu saiba ler" de Yolanda Castaño con ilustracións de Xosé Tomás, ; ed. Galaxia.

O Servizo de Normalización lingüística da Universidade de Santiago realizou un traballo sobre a lingua galega que nos permite compartir e que vos mostramos  a continuación :







VENRES 20 e 26 : ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

O 24 de febreiro  é o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO: 

  •  Unímonos á proposta da Asociación de Escritores de Lingua Galega ( AELG) coa elaboración dunha postal cun debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. O día 24 farase o envío destas postais. 
  • Faremos un cartel có verso TROCANDO EN SONRISAS/QUEIXIÑAS E CHOROS
( do poema IV de Cantares Gallegos)

  • Lectura de "Antoloxía da poesía galega para nenos" ; ilustrado  por Xan López Domínguez ; ed. Susaeta.


COMA SEMPRE ÁS 17:30 NA BIBLIOTECA DE SOBER