Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2018

María Victoria Moreno

As lecturas durante o mes de maio tiveron como protagonistas as verbas de MARÍA VICTORIA MORENO .  Con Enrique Mauricio e Carlos Taboada ( Polo Correo do Vento ) coñecemos a biografía e a obra de Mª Victoria Moreno : profesora e escritora en lingua galega, que ensinou a toda unha xeración de mozos e mozas a amar a literatura en galego. Entre algún dos seus títulos máis coñecidos na biblioteca de Sober atopamos :   "Mar adiante", "O Cataventos", "A festa no faiado", "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnórise",  "¿Un cachiño de bica", ¿"E haberá tirón de orellas" ?, "Guedellas de seda e liño",  e "Eu conto, ti cantas". Coas novas tecnoloxías escribimos fermosas palabras galegas e os integrantes do CL Pintor de Castinande invitaron a súa reunión semanal do mércores  a Mª José Vidal ( profesora de Galego no IES A Pinguela, Monforte de Lemos )  para que lles contara todo o que 

Programación mes de xuño no Concello de Sober

PROGRAMACIÓN ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS DO MES DE XUÑO

MARÍA VICTORIA MORENO , unha historia de amor.

Rematamos o  MES DAS LETRAS GALEGAS 2018 coa actividade proposta por Enrique Mauricio Iglesias "Polo Correo do Vento " na que Contaremos, debuxaremos e gozaremos da vida e obra de MARÍA VICTORIA MORENO. 

MARÍA VICTORIA MORENO : LETRAS GALEGAS 2018

Celebramos neste 17 de maio O DÍA DAS LETRAS GALEGAS    adicado este ano a   MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ. Premiados no CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL   LETRAS GALEGAS 2018 : “ Como cambiou o conto “ ·          Entre todos os traballos presentados, o xurado reunido o día 16 de maio de 2018 seleccionou e concedeu os seguintes premios : NARRACIÓN Categoría   A, ata   8 anos     1º PREMIO    BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ ……..8 anos         Categoría B, de 9 a 11 anos     1º PREMIO   LAURA GÓMEZ GRANDE …. 9 anos   2º   PREMIO HÉCTOR FERNÁNDEZ GONZÁLEZ …11 anos 3º PREMIO AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO …11 anos DEBUXO Categoría A, ata 8 anos     1º PREMIO MENCÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ… 7 anos   2º PREMIO BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ… 8 anos   3º PREMIO CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ… 6 anos C ategoría B, de 9 a 11 anos    1º PREMIO   VERÓNICA TAMI GONZÁLEZ…    10 anos    2ºPREMIO   UXÍA TRAIL BATES … 10 anos    3º PREMIO LAURA RODRÍGUEZ FREIRE…

Mañá na biblioteca

Mañá, venres 11 de maio a partir das catro da tarde ,  as Merendas con contos organizan unha "gincana" coas verbas de :  MARÍA VICTORIA MORENO  Letras Galegas 2018 #Sober coa lectura#

Novidades adultos : Las islas lejanas, de Francisco J. Ruiz Aldereguía

Os lectores de novela histórica poden atopar na biblioteca de Sober o último libro de Francisco J. Ruiz Aldereguía : LAS ISLAS LEJANAS . Con este traballo de investigación o autor presenta os feitos dun fidalgo do século XVII , o capitán don Joseph Quiroga, “o Galego” ou “o Eremita ", que partiu cara a illa de Guam, nas Marianas, cun profundo sentido de servizo a Coroa de Castilla e tamén a Deus. A través desta historia novelada mostra a sociedade daquel entón, os seus temores e esperanzas, a evanxelización das illas Marianas e a presencia de España no Océano Pacífico durante case catro séculos. Según aparece na propia portada do lbro : "Historia verdadera donde se relata cómo un caballero hidalgo acude desde sus pagos en la Villa de Quiroga, del Reino de Galicia, hasta las Islas Marianas, en el Pacífico, y lo que allí ocurrió. Son dous tomos editados por Ediciones La Rectoral , ubicada en Sober. Neste enlace podemos atopar moitas máis histo

MAIO : MES DAS LETRAS GALEGAS

CL-La analfabeta que era un genio de los números

Pär-Ola Jonas Jonasson , nacido en 1961, é un xornalista e escritor sueco que se deu a coñecer en todo o mundo mediante a novela : "O avó que saltou pola xanela e largouse". Naceu e criouse en Växjä , no sur de Suecia. Estudou na Universidade de Gotemburgo e traballou como xornalista na súa cidade natal. Tamén para o vespertino sueco Expressen , no que permaneceu ata 1994. En 1996 fundou unha exitosa compañía de medios de comunicación, a OTW , á que, tanto el como os seus empregados dedicaron o seu tempo de forma xenerosa. Por razóns de saúde debe cambiar de forma de vivir. Vendeu a súa empresa e se traslada a vivir a Sörmalnd na costa sur de Suecia. No ano 2007 e despois de contraer matrimonio trasládase a Ticino, en Suíza. Divorciado da súa esposa e obtida a custodia do seu fillo, pasou a residir na illa de Gotlan no país do seu nacemento. Despois do éxito acadado pola súa primeira novela , Jonas Jonasson volve a deleitarnos cunha historia de

Convocatoria Certame Letras Galegas 2018

Certame de Narración e Debuxo Infantil  "Letras Galegas 2018" Como en anos anteriores, a Biblioteca Nodal de Lugo en colaboración coas bibliotecas municipais convoca o  Certame de Narración e Debuxo Infantil "Letras Galegas 2018". Poden participar tódos os nenos e rapaces socios da Biblioteca, en dúas modalidades: Narración e Debuxo . E o tema escollido este ano é  "Como cambiou o conto ou Como darlle unha volta ao conto tradicional:  o lobo vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, unha Bela que nunca dorme? " As narracións deberán ser en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; e os debuxos deberán estar feitos sobre cartolina de tamaño aproximado ó DIN-A4. Cada neno poderá presentar cantos traballos desexe (mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis), acompañando cada un deles cunha folla cos seus datos persoais. Haberá 3

Abril : mes dos libros

Na  biblioteca de Sober comeza o mes de abril cunha pequena mostra de libros de H. C. ANDERSEN , que tamén nos serviron como lectura para agasallar a este escritor danés, que cada 3 de abril ,coincidindo coa data do seu aniversario, festexamos con actividades dirixidas aos lectores máis novos .   Este ano estreamos o noso  Kamishibai   紙芝居  coa lectura do conto  : " O soldadiño de chumbo".  Celebramos así o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL Seguimos coa programación do mes de abril de 2018 traballando  na aula de informática   : buscamos información sobre W. SHAKESPEARE  na internet.  A vida e a obra deste autor inglés e a elaboración dun libro para a biblioteca, foi este ano  a actividade central  dos nenos e das nenas da biblioteca de Sober que  contaron tamén coa participación  dos maiores, integrantes do CL Pintor de Castinande e dos máis pequenos do Concello, os nen@s da gardería municipal.  ESTE FOI O RESULTADO