Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

Horario de verán

Recomendacións lectoras VERAN 2018

Como todos os anos o Colectivo Lemos Le recomenda unha serie de libros  escollidos polos mestres e bibliotecarios da Comarca de Lemos. Agardamos  que as lecturas que propoñemos para este verán sexan do voso agrado. 

Novidades no fondo de adultos

CL-O Club de lectura vaise de vacacións

 Monts e  Rivera  presentou  a súa proposta  CÓNTOCHE UN TRAXE  o xoves   14 de xuño ante os integrantes do CL  Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober.  Ao longo de dúas horas fixo unha  excelente  posta en escea, presentando a historia do traxe  en Galicia, como e onde se facían as roupas, os tecidos e a diferenza entre homes e mulleres así como as roupas de traballo e de gala.  Contou coa axuda de catro asistentes ao acto que serviron de modelos mostrando a maneira de vestirse.  Acompañando a presentación da roupa, Montse interpretou cantigas adicadas a distintas pezas  e relatos recollidos en diferentes zonas de Galicia.  Puidemos tamén coñecer a roupa dos nosos devanceiros a través dunha selección de libros expostos durante o acto. Con esta actividade o CL Pintor de Castinande remata as reunións semanais ata o mes de setembro no que voltaremos á biblioteca con novas historias para compartir.  Felices vacacións de verán para tod@s Os

CL-Las hijas del Capitán, de María Dueñas

A última novela da escritora María Dueñas , foi a elexida polo CL Pintor de Castinande para rematar o presente curso.  Victoria, Mona e Luz, tres irmás españolas,son as protagonistas da trama. Desembarcan case á forza na NY dos anos 30.para tomar as rendas dunha modesta casa de comidas de nome "O Capitán" . Obrigadas pola morte accidental do seu pai, terán que poñerse a fronte deste negocio .  Grazas as aventuras e desventuras , os amores e desamores destas tres mozas, coñeceremos un bo número de historias sobre a emigración a EEUU, en concreto os emigrados a cidade de NY, irlandeses, mexicanos e preto de 40.000 españoles que se asentaron nunha zona determinada desa cidade, arredor da rúa Catorce. Xunto as tres mulleres atopamos tamén personaxes da aristocracia da época : Alfonso de Borbón y Battemberg, conde de Covadonga, destinado a ser o rei de España, senón fose pola proclamación da II República que levou a toda a súa familia ó exilio.  Novela de áxil l

Mañá na biblioteca : Cóntoche un traxe

VIAXE NO TEMPO para ver como era o vestiario dos nosos  tatara-tatara-avós.    Con MONTSERRAT RIVERA CRESPO c oñeceremos que pezas tiña a roupa dos nosos devanceiros e veremos as diferenzas que hai entre antes e agora tanto a nivel de prendas como de filosofía da vida . 👉Actividade aberta ao público en xeral ata completar aforo