Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

Obradoiros polo Nadal

Felices Festas

Horario Festas de Nadal

Recomendacións lectoras

A continuación deixamos un enlace para que podades  ver as recomendacións lectoras que o Colectivo LEMOS LE elaborou para este Nadal.   Agardamos que vos animedes a agasallar algún libro nesta época. http://lemosle.blogspot.com/2019/12/recomendacions-lectoras-nadal-2019.html

Merendas con Contos en decembro

Club de lectura : presentación do libro de Xosé Lois García "Teatro Completo"

Presentación do libro "  Teatro Completo ( 1996-2019 )  " de Xosé Lois García 

CL- El viaje a la felicidad , de Eduardo Punset

"Hace poco más de un siglo, la esperanza de vida en Europa era de treinta años, como la de  Sierra Leona en la actualidad : lo justo para aprender a sobrevivir y con suerte, culminar el propósito evolutivo de reproducirse..."   Con estas palabras introduce o autor este libro, editado fai xa uns anos e que suscitou toda clase de reaccións , moitas delas negativas.      Ao  tema do que trata, o concepto da felicidade , aplícalle Punset os métodos científicos aos que non estamos afeitos, por considerar ese sentimento como algo apegado á psiquis de cada un.    A búsqueda da felicidade queda reducida neste libro, a unha fórmula matemática . Polo que resulta estraño que, algo sentido ata o de agora como espiritual , poida ser traducido a unha fórmula científica.    O autor : Eduardo Punset     Nace en Barcelona o 9 de novembro de 1936 e morre o 22 de maio de 2019. Foi un xurista, escritor, economista, político e divulgador científico . Participou e

Certames para o Nadal 2019

 Coma todos os anos na época de Nadal , convocamos tres certames :  POSTAIS , BELÉNS e POESÍA , este último en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo .      Temos ata o 21 de decembro aberto o prazo para presentar os diferentes traballos.  Podemos consultar as bases na Biblioteca de Sober . ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR ¡¡

Novidades no catálogo

No último mes deste ano 2019 hai novas  incorporacións ao catálogo da biblioteca de Sober . Son cinco historias de ficción para adultos escritas na nosa lingua.                Atopámolas na sección có rótulo  G-N

Merendas con contos : broches e bonecas

Estamos todas bien : 25 de novembro

Ana Penyas reivindica coa súa primeira novela gráfica a historia das mulleres do seu pasado, pero tamén as de toda unha xeración esquecida no noso país. "Dar voz a quen non a tivo é unha preocupación non só do cómic,  senón de moitísimas vertentes da cultura do noso país"   Chega a biblioteca esta estupenda novela gráfica que atopamos na  sección de Banda Deseñada da BPM de Sober Polo 25 de novembro ,  Día Internacional pola eliminación da violencia contra a Muller

Merendas con contos e música

A música será a protagonista desta tarde nas Merendas con Contos A partir das 16:00. na  BPM de Sober

Mañá na biblioteca : Teatro contra a violencia de xénero

Estíbaliz Veiga trae este mércores a Sober ' Golpes ', un relato sobre a violencia machista. Os integrantes do CL Pintor de Castinande participarán nesta actividade, unha das  programadas polo 25 de novembro a través do Servizo Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Concello de Sober.  Ás 19:00h. no Centro Sociocultural  

Novidades no catálogo

Nas Merendas con Contos : broches e bolboretas

CL- Patria, de Fernando Aramburu

Comenzamos o curso 2019/2020 coa novela PATRIA , de Fernando Aramburu.   O que nos conta esta extensa obra, ten máis de 600 páxinas, é algo que foi cotián durante máis de 40 anos na sociedade vasca e que se prolongou  dende mediados dos oitenta ata tempo despois do cese definitivo da violencia de ETA no 2011 ; o que comezou como unha loita contra a ditadura do Xeneral Franco pasou a ser a loita pola independencia de Euskadi, sen importar os métodos que se usasen.  O autor centra a acción da súa novela nunha imaxinaria localidade de Guipúzqua. Neste pequeno pobo, onde todos se coñecen, dúas familias amigas de sempre ven como as circunstancias políticas sepáranas de forma total.  Destaca neste relato a fortaleza dos  personaxes  femininos : Bittori , Miren e Arantxa , que son o eixo da historia, mulleres fortes que sufren a crudeza do momento que lles tocou vivir . O libro remata cunha chamada a esperanza ; os esforzos das tres mulleres por pechar as feridas emocionais da

O outono nas Merendas con Contos

Comezamos as actividades dos venres no mes de novembro  na biblioteca con lectura e obradoiro adicado a estación do ano na que nos atopamos O OUTONO : 

Novidades no catálogo

Contos para todas as idades

Grazas ó Programa Ler Conta Moito 2019 para a  dinamización da  lectura, da  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o Concello de Sober xunto coa Consellería de Cultura e Turismo ofrece a posibilidade de programar actividades de dinamización na nosa biblioteca pública.   Durante o mes de outubro na BPM de Sober escoitáronse unha chea de contos nas diferentes actividades organizadas tanto para os  nenos e as nenas coma para os adultos. O venres día 18 estivo CAXOTO CONTACONTOS con : CONTO PARA ESCOITAR MENTRAS BAILAMOS UN VALSE O mércores 23 contamos con FÁTIMA FERNÁNDEZ : Contos de sempre, para xente de agora, Esta contadora agasallounos con  historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.     En Sober hai moito conto !!!!  

Mañá na biblioteca

DIA DA BIBLIOTECA, 24 de Outubro

    O Día da Biblioteca xurdiu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en 1997, e desde entón, se vén celebrando en toda España. O cartel deste ano 2019, foi encargado ao ilustrador valenciano Miguel Calatayud e o pregón, a Gemma Pasqual .     A SEN CONTO   Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa. E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Certame para un logotipo

No DÍA DA BIBLIOTECA, 24 de outubro, presentamos un certame para conseguir un logo que representa a actividade das  MERENDAS CON CONTOS dos venres na BPM de Sober.  Na páxina web do Concello de Sober podedes atopar as bases deste certame.  Aquí vos deixamos o enlace CERTAME LOGOTIPO Imaxe dun obradoiro realizado no  ano 2017

Mañá na biblioteca

Novidades DVD : La buena esposa

Joan Castleman ( Glenn Close ) é unha boa esposa, de beleza madura e natural, a muller perfecta.  Pero o certo é que leva corenta anos sacrificando os seus soños e ambicións para manter viva a chama do seu matrimonio co seu marido, Joe Castleman ( Jonathan Pryce ). Pero Joan chegou ao seu límite.  En vésperas da entrega do Premio Nobel de Literatura a Joe, Joan decide desvelar o seu segredo mellor gardado. ( FILMAFFINITY) Atopamos esta película coa signatura   CINE/RUN/bue

Programación DÍA DA BIBLIOTECA

Programación da biblioteca de Sober para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA 2019   O  COLECTIVO LEMOS LE , no que participa e colabora a BPM de Sober celebra unha cea de confraternidade para celebrar o día 24 de outubro . Neste enlace  Día da Biblioteca 2019  atopamos información deste evento.

Novidades ficción

Novidades DVD : Viaje a Nara

Nos bosques da rexión xaponesa de Nara a xornalista francesa Jeanne ( Juliette Binoche ) busca unha rara planta medicinal que só crece nesa paraxe boscoso. Alí coñece a un misterioso home que vive nas montañas, Aki ( Masatoshi Nagase ).  A pesar da barreira da linguaxe e a cultura, ambos sentirán a necesidade de achegarse o un ao outro.  Premiada na sección oficial do Festival de Cine de San Sebastian no ano 2018, con guión e dirección de  Naomi Kawase. Atopamos esta película coa signatura   CINE/ DRA/via Novidades outubro audiovisual  ¡¡¡

Benvida a un novo curso

Mañá mércores día 2 de outubro ,  ás 19:00h. o CL Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober inicia un novo curso. Dende a biblioteca queremos animarvos a participar nas reunións semanais dos mércores , entre as 19:00 e as 20:00h.   Seguiremos coa nosa dinámica habitual coa  lectura dunha novela ao mes  ( facilitada pola biblioteca )  e actividades complementarias : encontros con autores, películas e viaxes culturais.  O libro sempre é un  punto de partida para coñecer lugares,  as vidas de personaxes...   A biblioteca se converte nun lugar para persoas con inquietudes culturais diversas  unidas polo placer da lectura.  Esperámosvos   aos veteranos e veteranas do CL Pintor de Castinande e a todas as novas incorporacións que se acheguen ata a nosa biblioteca. Este mércores temos un inicio de curso moi interesante pois fomos invitados a inauguración dunha exposición que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de Sober durante todo o mes de outubro.

Novidades. Ficción. Adultos

Novidades Banda Deseñada

Novidades no catálogo

Novo carné da biblioteca

  Neste verán a BPM de Sober pasou   a formar parte do Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas de Galicia .   O novo sistema de xestión bibliotecaria permite mellorar o servizo para os usuarios de cada biblioteca e da Rede en xeral tras a creación dun catálogo único, accesible a través da web  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/   Entre as vantaxes que perciben os usuarios está o acceso, cun carné único de bibliotecas, aos servizos de todas as bibliotecas públicas integradas e a posibilidade de facer xestións en liña como a solicitude do propio carné, reservas, renovacións… así como xestionar a petición de libros a través da plataforma GaliciaLe, un sistema  de préstamo de libro electrónico.  Será imprescindible presentar o novo carné cando queiramos levar un libro de calquera das bibliotecas da rede.  Por iso, os usuarios da BPM de Sober, poden pasar a SOLICITAR e recoller este novo carné e a preguntar por as novidades que supón a súa posta en marcha.

Igualdade de xénero dende a lectura

 Durante este verán programáronse un total de tres obradoiros con actividades de dinamización da lectura que tiveron  como obxectivo a promoción da igualdade entre homes e mullleres.   A BPM de Sober , coa colaboración das axudas convocadas pola  Consellería de Cultura da  Xunta de Galicia,  comprometeuse  na  prevención e sensibilización contra calquera forma de violencia contra a muller e participa así no Pacto de Estado contra a Violencia de xénero. Traballar a igualdade de xénero dende a lectura na biblioteca pública, especialmente cos nenos e nenas pode axudar a eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, a previr situacións de discriminación sexista no futuro. O primeiro destes obradoiros realizouse nas instalacións da piscina municipal a tarde do 21 de agosto . = (Igual)quere concienciar aos cativos e mozos da necesidade da igualdade na nosa sociedade, tratando temas diferenciadores cotiás coma as cores, os traball

A Biblioteca de Sober no Catálogo Colectivo

A BPM de Sober está en proceso de integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , grazas a implantación do sistema de xestión bibliotecaria Koha e a creación dun catálogo colectivo único. Este catálogo ten un dobre obxectivo: A creación dun catálogo colectivo e dun carné de lector único válido para a todas as bibliotecas públicas da rede que permita a unificación dos servizos que se ofrecen. Este novo sistema facilita o labor dos técnicos bibliotecarios a través dunha xestión unificada e eficaz ; ao mesmo tempo unha serie de vantaxes para o usuario como son : acceso aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede. consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia . servizos online sen ter que desprazarse á biblioteca, como poden ser solicitar o carné de rede , reservar libros e renovación de préstamos. posibilítase tamén o acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe . Dende finais deste mes de

Lecturas refrescantes

Nesta semana abrimos   as portas da  Bibliopiscina!! : Extendemos así os servizos bibliotecarios : os libros saen da biblioteca (o seu lugar habitual) para estar presentes nos lugares de ocio máis concurridos nos meses de verán. Atopamos moitas novidades para todas as idades ,  en  lingua galega e tamén en castelá . Durante os meses de xullo e agosto tamén teremos actividades de animación á lectura para os lectores máis novos.  ESTADE ATENTOS ¡¡¡

Recomendacións lectoras

Neste enlace atopamos as recomendacións lectoras feitas polos integrantes do Colectivo LEMOS LE , para este verán 2019.

Horario de verán

Festa de clausura actividades

O venres 21 de xuño teremos a clausura das actividades socioculturais programadas polo Concello de Sober para o curso 2018/2019.  Invitamos a todos e a todas as soberinas a participar na festa organizada para este día e que supón tamén a primeira das celebracións do 25 aniversario desta Biblioteca Pública Municipal de Sober. 

Mañá na Biblioteca : Festa fin de curso das MERENDAS CON CONTOS

⇒ ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL DAS LETRAS GALEGAS ⇒ MERENDA PARA TODOS OS PARTICIPANTES ⇒XOGOS CON INCHABLES VENRES 14 DE XUÑO de  16:00  a 19:00h. Biblioteca-Aula de Novas tecnoloxías

Novidades no catálogo

A poesía de IDA VITALE (Montevideo 1923) , os poemas de OLGA NOVO  (A Pobra de Brollón, 1975) e o Libro da Ribeira Sacra de EMILIO ARAÚXO (Coles, 1946) irrompen na biblioteca de Sober na sección de poesía.  Achégate e poderás levalos en préstamo.

III Campamento de verán : Coñece o teu Concello

Ábrese o prazo para as inscricións nas actividades para nenos e nenas  entre 4 e 12 anos  durante o mes de xullo. Bases :  Trátase dun programa lúdico e educativo de actividades que terán lugar  os martes, mércores e xoves do mes de xullo entre as 10:30 e ás 13:30h. O número de prazas ofertadas é de 15. Poderase facer a inscrición para o mes completo ou por semanas. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre os 4 e os 12 anos.  Terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober. O prazo de inscrición será dende o 11 ata o 21 de xuño ambos inclusive. A inscrición realizarase presentando a ficha de solicitude no rexistro xeral do Concello de Sober. Se existe máis demanda que prazas ofertadas, cubriranse as prazas por rigurosa orde de presentación de solicitude no rexistro xeral. Crearase unha lista de espera para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.