Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

Programación Merendas con contos en marzo

Mes de marzo Venres día 1 :    FESTA DE DISFRACES Venres 8 :       CINE , na Aula multimedia  Celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CON EVA ABAL TOBÍO . Venres 15 :   " As merendas informan, traballamos nas novas do  mes do Amandi ", na Aula multimedia. Celebramos o Día mundial da POESÍA. Venres 22 : " As merendas informan, traballamos nas novas do  mes do Amandi , na Aula multimedia. Celebramos o DÍA DO TEATRO , coa colaboración da Escola Municipal de Teatro de Sober.  Venres 29 : Visita ós viñedos de Viticultores de Amandi LECTURAS para este mes de marzo : 

Convocatoria Certame Debuxo Infantil

BASES  V CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXIX FEIRA DO VIÑO DE AMANDI : Neste certame poden participar tódolos nenas e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos , dos centros de ensino da Comarca Terra de Lemos. Os debuxos deberán presentarse sobre cartulina , tamaño aproximado DINA4, sobre o tema que se propón a continuación : O CULTIVO DA VIDE NA RIBEIRA SACRA . Cada autor presentará un único traballo acompañdo dunha folla cos seus datos persoais. O prazo de presentación dos traballlos rematará o vindeiro 12 de marzo , debendo ser entregados na Biblioteca Pública do Concello de Sober. O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará un único traballo que será o gañador deste certame. O traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Sober, que se reserva o dereito de publicación do mesmo. Haberá un único premio valorado en 150 €. Ademáis concedarase accésit de 50€ ó mellor debuxo de cada colexio participante. A entrega dos premios terá

Animación á lectura en febreiro

A programación das MERENDAS CON CONTOS no mes de febreiro continúa coa dinámica de actividades, obradoiros e a lectura como punto de referencia.  Durante o mes de febreiro na AULA MULTIMEDIA realizamos diversos obradoiros :  Coñecemos como é un ordenador a través do xogo  , relacionando as partes dun equipo informático  coas partes do corpo humano. Celebramos o Día da Lingua Materna (21 de febreiro)    Introducimosnos na lingua de signos coas tablets gracias a unha aplicación que os nenos e as nenas manexaron con destreza  e coñecemos o alfabeto de signos ;  aprendemos a decir os nosos nomes e alguna palabra para comunicarnos con  esta linguaxe a través de xestos polo que se comunican as persoas con discapacidade auditiva  e/ou dificultade na fala. Na BIBIOTECA houbo moito tempo tamén para  a LECTURA : unha vez rematado o conto kamishibai , os nenos e as nenas  leron a historia de "A xoaniña e o piñeiro" , que eles mismo

ENTREGA PREMIOS PROVINCIAIS - CERTAME POESÍA NADAL

NORABOA CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ e AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO Neste enlace do blog da biblioteca escolar CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober temos a entrega de premios do Certame de Poesía infantil de Nadal, convocado pola Biblioteca de Lugo e na que dous nenos de Sober resultaron premiados. O blogue de Lectuvín: ENTREGA PREMIOS PROVINCIAIS - CERTAME POESÍA NADAL  

Mañá na biblioteca : FIGUEIRIÑAS QUE PRANTEI

Obradoiro a cargo de POLO CORREO DO VENTO ,   para conmemorar o aniversario de ROSALÍA DE CASTRO  (Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1837-Padrón, 15 de xullo de 1885). Lectura pública da obra de ROSALÍA DE CASTRO , unha proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). VENRES 22 de febreiro na  BIBLIOTECA DE SOBER

Mi pecado, de Javier Moro

LECTURA para o mes de  FEBREIRO NO CL PINTOR DE CASTINANDE BPM DE SOBER ÓS MÉRCORES ÁS 19:00h. Javier Moro recrea na súa última novela MI PECADO , unha historia que sucedeu realmente. A protagonista desta historia é a actriz española Conchita Montenegro quen, en 1930 con apenas 19 anos, desembarcou en Hollywood. Grazas á súa beleza, intelixencia, personalidade e tesón, a nova promesa fíxose un oco entre as principais estrelas do momento. A súa extraordinaria mirada cativou a Leslie Howard , de quen foi compañeira durante un tempo; este actor era un home casado que lle dobraba a idade. Os amantes viviron o seu idilio entre festas de ilusión e estreas triunfais, paseos da cabalo e voos en avioneta pola costa de California. Trece anos máis tarde, a súa historia de amor tivo un desenlace inesperado cando os dous reencontráronse en Madrid e, sen sabelo, influíron no curso da Segunda Guerra Mundial. https://youtu.be/wONwUNBGY-s O AUTOR : JAVI

Novidades infantil-xuvenil

Tres propostas da editorial TAKATUKA que aborda situacións e preocupacións cotidianas dos nenos e das nenas.

Novidades no catálogo

Durante o encontro de Margarita R. Otero cós membros do CL Pintor de Castinande, esta autora falou dun libro seu, composto pola recopilación de artigos publicados nos medios de comunicación da Comarca de Lemos. Hai uns días enviounos este libro como agasallo para a biblioteca de Sober. GRAZAS EN NOME DOS LECTORES DE SOBER. Compartiremos con agrado a lectura das historias que aparecen en : TIERRAS DE LEMOS, HISTORIAS, TRADICIONES Y RECUERDOS. Composto por 58 artigos  froito da gran pasión da autora pola investigación histórica, que a levou a pasar moitas horas nos diferentes arquivos en busca de documentos. En palabras da autora : "Recopilé estas historias para que non se perdan . Algunhas teñen que ver con algún feito importante que no seu momento motivoume para escribilo e outras xorden a partir de toda a documentación na que me fun formando durante estes anos. Sempre tiven un gran interese na investigación da historia e iso vese reflectido neste libro. Algú

Programación das Merendas con Contos para o mes de FEBREIRO

MERENDAS CON CONTOS EN FEBREIRO Venres 1 :  XOGOS NA AULA MULTIMEDIA OBRADOIRO DE KAMISHIBAI Venres 6 : COÑECEMOS UN ORDENADOR PREPARANDO O ENTROIDO Venres 22 :  Celebración do DÍA DA LINGUA MATERNA ( 21 de febreiro ) :  OBRADOIRO :  LINGUA DE SIGNOS APOIADOS POLAS TABLETS.  Celebración do aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO  ( 24 de febreiro )  Lectura pública da súa obra, unha proposta da  ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA . Figueiriñas que prantei, obradoiro que desenvolverán POLO CORREO DO VENTO LECTURAS DO MES : Mini libros para soñar, Editorial Kalandraka Rosalía pequeniña, con Uxía. Editorial Galaxia.  OS VENRES DE 16:00 A 19:00H. BIBLIOTECA-AULA DE NOVAS TECNOLOXÍAS