Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Novidades infantil-xuvenil

BOTADE UNHA OLLADA AOS LIBROS QUE TEMOS XA PREPARADOS PARA LEVAR EN PRÉSTAMO NESTA  PRIMAVERA . 

Poesía e teatro

No calendario do libro e da lectura do mes de marzo aparecen dúas datas destacadas que celebramos na BPM de Sober cós usuarios máis novos e que participan nas actividades dos venres.  Celebramos o DÍA DA POESÍA, 21 DE MARZO  Lectura do poema de MANUEL MARÍA , adicado á Banda de Música de Sober. Nos chanzos de acceso á biblioteca colocamos os versos do poema coloreados polos nenos e as nenas que participaron nesta actividade e que ademáis serven de homenaxe   a Banda de Sober polo seu 150 aniversario . Celebramos tamén neste mes o DÍA DO TEATRO , 27 DE MARZO Actores e actrices da Escola Municipal de Teatro  de Sober representaron OS MUNDIÑOS , de HEIDI KUNH-BODE Hai diferentes mundiños: colorín, papeleiro, lambón, musiqueiro e soñador. A través da mímica coñecemos estes mundiños dun xeito lúdico e divertido e coa participación moi activa dos asistentes a esta pequena función de TEATRO .

As Merendas INFORMAN_Parte 1

A BPM de Sober participa  nas actividades  programadas polo  CONCELLO DE SOBER   para celebrar a XXXIX Feira do Viño de Amandi. Inclúe na  programación do mes de marzo unha serie de entrevistas a personaxes destacados na feira do viño deste ano 2019 :   AS MERENDAS INFORMAN , é o título do noso telexornal.   Os nenos e as nenas e tamén os mozos que veñen os venres a Biblioteca de Sober foron os encargados de conversar con    Eva Abal Tobío e Rodrigo Coucheiro Limeres .  Aquí temos a primeira edición . AGARDAMOS  que   vos guste. 

CL- Tierra sin hombres, de Inma Chacón

Lectura do mes de marzo no CL Pintor de Castinande. Rosalía, a leiteira, percorre todos os días o camiño de ida e volta desde a súa casa en Cobas ata Ferrol, para vender o leite e sacar adiante ás súas fillas coas vacas e un pouco de terra que o seu marido deixoulle antes de emigrar. Considera que ten que casar ben á súa filla maior, Elisa , mentres que á menor, Sabela , a reserva para facerse cargo dela cando sexa maior e como herdeira do seu negocio. Á beira destas mulleres valentes, viven homes : Manuel, Elías , Martín , persoaxes masculinos tamén relevantes ainda que con moita menos forza narrativa. A novela desenvólvese na primeira metade do século XX, con algunha referencia ao século XIX. O título da novela alude ás mulleres que se pasan os anos esperando o regreso dos seus maridos , que foron a América do sur a facer fortuna. A protagonista, Elisa acepta os convencionalismos que a súa nai impón aínda que será o seu propio impulso o que marque a sú

CERTAME MULLERES DE LEMOS

 Compartimos a entrada do blog do COLECTIVO LEMOS LE   na que se nos informa do  acto realizado o luns día 11  en Monforte de Lemos. O Centro de Información á Muller ( CIM ) presentou o  novo volume da serie MULLERES DE LEMOS, en cuxo proxecto colabora a Biblioteca de Sober.  Neste día entregáronnos os exemplares para a nosa biblioteca  e xa temos este novo conto a disposición dos nosos lectores. Neste enlace podemos visualizar o conto   adicado á mestra  GENOVEVA GONZÁLEZ PRIETO. 

A MARITÉ e MILUCHA , IN MEMORIAM

"Cando os que amamos se van para sempre, pasan de vivir entre nós para vivir con nós" Hai adeuses voluntarios, outros impostos polas circunstancias e tamén os que non son tal porque sabemos que nalgunha esquina da vida quedarán diluidos na alegría do reencontro. Hai un adeus imposto que nos parece definitivo, sen retorno, que nos deixa como herdanza unha longa rúa de ausencias. É o abrazo xélido que trae a morte, é o atoparnos cara a cara coa nada. É a resignada aceptación do inevitable, descubrindo de súpeto que somos insignificantes diante a magnitude do Universo. Cando o loito enche cada curruncho dos sentiementos, podemos chorar por ese ser amado que se nos foi. Mais, ata nesa mesma néboa de dor, é posible sementar unha luciña redentora, un agradecemento infinito porque compartiu parte desa vida con nós. Non pode volver, por moito que nos asolaguemos nas bágoas, pero pode estar en cada momento que o traiamos ao presente pola maxia do recordo. A morte

Novidades para adultos

Últimas incorporacións no catálogo da BPM de Sober para os adultos

VI Certame MULLERES DE LEMOS

O COLECTIVO LEMOS LE , formado por   bibliotecas escolares  e  bibliotecas públicas municipais   da comarca de Lemos e a  Asociación de Libreiros de Monforte . convoca o VI CERTAME MULLERES DE LEMOS , coincidindo coa data do 8 de marzo, DÍA DA MULLER.     Este certame este ano está adicado a figura feminina de  INÉS FERNÁNDEZ , Abadesa de Eiré.  BASES : http://lemosle.blogspot.com/2019/03/vi-certame-mulleres-de-lemos-ines.html

8 de marzo : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mensaxe da Sra. Audrey Azoulay , Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Internacional da Muller 8 de MARZO POLA TARDE NA BIBLIOTECA , A PARTIR DA 17:30H. :  LECTURA E OBRADOIRO a partir do conto : "EN EL MUNDO DE LOS COLORES CADA UNO TIENE SU FORMA DE SER" Teremos como invitada a   EVA ABAL TOBÍO, interiorista,  muller emprendedora de Sober.  A BIBLIOTECA DE SOBER CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER