Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

ACTUALIDADE

O CL celebra o Día do Libro 2019

O club de lectura Pintor de Castinande  realizou  unha viaxe polo Courel para celebrar o DÍA  do LIBRO 2019.  O obxectivo principal foi visitar a Casa-Museo de UXÍO NOVONEYRA ( 1930-1999 ), no lugar de Parada en Folgoso de Courel.  Neste lugar atopamos a  casa familiar (Casa da Fonte) do autor  de OS EIDOS. Convertida en Fundación no ano 2011 có fin de conservar e difundir a obra e o legado do poeta do Courel Está situada nun entorno impresionante, de gran beleza paisaxística.  Fomos acompañados polo guía da casa , que nos amosou as diversas estancias desta vivenda rural, na que o poeta pasou unha gran parte da súa vida. Aquí atopamos moitas das súas creacións e tamén agasallos e moitos recordos dos seus amigos : escritores , pintores, os máis importantes creadores da nosa cultura : Lugrís,  Manuel María, Reimundo Patiño, Laxeiro... Nesta casa tamén poidemos coñecer a dimensión plástica deste autor, coa súa pasión polo gravado , que quedará plasmado nos seus fermosos

DIA DO LIBRO 2019

DIA DO LIBRO 2019 Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, 23 de abril O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. A data coincide, ademais, co nacemento ou a morte doutros autores prominentes como Maurice Druon, Haldor K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejia Vallejo. Parecía entón unha elección natural que a Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, decidise render unha homenaxe universal aos libros e autores nesta sinalada data, alentando a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as insubstituíbles contribucións daqueles quen impulsou o progreso social e cultural da humanidade. Por este motivo, a UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, así como o Premio UNESCO de de literatura infantil e xuvenil en prol da tolerancia. A 24ª edic

CL- Los soldados de Cataluña, de Eduardo Mendoza

A lectura escollida para o mes de abril no CL Pintor de Castinande é esta novela de Eduardo Mendoza , que tivo como título orixinal : " La verdad sobre el caso Savolta", e coa que acadou un gran recoñecemento e foi  Premio da Crítica no ano 1976.  O título orixinal "Los soldados de Cataluña", non foi aceptado pola censura franquista.  Novela social e política ambientada na Barcelona dos anos vinte do século pasado e considerada como a primeira novela da transición democrática en España.  Resumo : Barcelona entre os anos 1917 e 1923. É a época do pistolerismo durante a cal o enfrontamento entre pistoleiros anarquistas e sicarios pagos pola patronal arroxou un número escandaloso de mortes. O enfrontamento entre os traballadores anarquistas e os propietarios da fábrica de armas Savolta agrávase cando a familia Savolta decide acabar coa rebelión contratando asasinos a soldo e tramando intrigas co fin de ocultar as súas ilegais transaccións con Alemañ

"En Sober hai moito conto "

Neste mes de abril , MES DOS LIBROS, iniciamos unha actividade que chamamos "En Sober hai moito conto" , coa que queremos implicar aos veciños deste concello na tarefa  de animación á lectura na biblioteca. Este compromiso que o Concello de Sober ten asumido , tivo unha boa resposta e na  primeira xornada invitamos a ANUNCIA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ ,  a visitarnos nas Merendas con contos do venres día 5 de abril.  Anuncia é unha mestra xubilada da parroquia de Vilaescura, que nos fixo unha adaptación do conto : "O tesouro soterrado", conto que se desenvolve nun pobo de Galicia con tres protagonistas : Perico, Xurxo e Xan. Un conto rimado moi fermoso, que nos fixo estar moi atentos durante a narración.  Na segunda parte da tarde, chegou a música con ALFONSO CAMPOS PÉREZ , veciño da parroquia de Proendos.  Alfonso é un gran músico que nos encheu a biblioteca de cancións populares acompañado coa súa guitarra :    "Un barquito chiquitito"

O ALÉN DOS BARQUEIROS

O día 3 de abril, MES DOS LIBROS, presentouse na biblioteca a novela : O ALÉN DOS BARQUEIROS , de ANXO MUÍÑOS .  No prelimiar deste libro, Lionel  Rexes  di  : " O alén dos barqueiros non é un ensaio ( mais eo), nin é un diccionario mitolóxico (xaora que o é) ; pois é, por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa. É dicir, unha novela en toda a extenxión do concepto." "O alén  dos barqueiros" é unha novela histórica, na que o protagonista, o sueco Ingemar Westterstrom, inicia unha viaxe dende a súa terra natal recorrendo parte de Europa. Nesta singladura, seguindo os cursos dos ríos, vainos desvelar os misterios da vida a través das  lendas de cada lugar.  Para o  autor, ANXO GÓMEZ FIGUEIRA , nado en Taragoña, Rianxo, no 1966, esta  é a súa primeira novela, editada pola editorial cántabra Fanes.  Destacan as fermosas ilustracións que acompañan ó texto e que foron realizadas polo soberino HUMBERTO LOUREIRO .  Atopam

As Merendas INFORMAN _Parte 2

Mañá na biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Desde o ano 1967 , o día 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen , o IBBY promove a celebración do DÍA INTENACIONAL DO LIBRO INFANTIL , CO FIN DE PROMOCIONAR OS BOS LIBROS INFANTÍS E XUVENÍS E A LECTURA ENTRE OS MÁIS NOVOS. OS LIBROS INSPIRAN PAUSA Traducción da mensaxe escrita este ano polo escritor lituano KESTUTIS KASPARAVICIUS . Vou con presa!, Non teño tempo ningún!, Aburiño!... expresións coma estas poden escoitarse quizais a cotío, non só en Lituania senón en moitas partes do mundo. E a miúdo escóitase dicir tamén que vivimos na idade da abundancia, da presa e da precipitación. Non obstante, colles un libro entre as mans e, inmediatamente sentes que algo muda. Parece que os libros teñen unha cualidade marabillosa : axúdannos a acougar. Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada. Com