Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2019

Horario de verán

Festa de clausura actividades

O venres 21 de xuño teremos a clausura das actividades socioculturais programadas polo Concello de Sober para o curso 2018/2019.  Invitamos a todos e a todas as soberinas a participar na festa organizada para este día e que supón tamén a primeira das celebracións do 25 aniversario desta Biblioteca Pública Municipal de Sober. 

Mañá na Biblioteca : Festa fin de curso das MERENDAS CON CONTOS

⇒ ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE NARRACIÓN E DEBUXO INFANTIL DAS LETRAS GALEGAS ⇒ MERENDA PARA TODOS OS PARTICIPANTES ⇒XOGOS CON INCHABLES VENRES 14 DE XUÑO de  16:00  a 19:00h. Biblioteca-Aula de Novas tecnoloxías

Novidades no catálogo

A poesía de IDA VITALE (Montevideo 1923) , os poemas de OLGA NOVO  (A Pobra de Brollón, 1975) e o Libro da Ribeira Sacra de EMILIO ARAÚXO (Coles, 1946) irrompen na biblioteca de Sober na sección de poesía.  Achégate e poderás levalos en préstamo.

III Campamento de verán : Coñece o teu Concello

Ábrese o prazo para as inscricións nas actividades para nenos e nenas  entre 4 e 12 anos  durante o mes de xullo. Bases :  Trátase dun programa lúdico e educativo de actividades que terán lugar  os martes, mércores e xoves do mes de xullo entre as 10:30 e ás 13:30h. O número de prazas ofertadas é de 15. Poderase facer a inscrición para o mes completo ou por semanas. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre os 4 e os 12 anos.  Terán prioridade as familias empadroadas no Concello de Sober. O prazo de inscrición será dende o 11 ata o 21 de xuño ambos inclusive. A inscrición realizarase presentando a ficha de solicitude no rexistro xeral do Concello de Sober. Se existe máis demanda que prazas ofertadas, cubriranse as prazas por rigurosa orde de presentación de solicitude no rexistro xeral. Crearase unha lista de espera para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.

CL- La luz que no puedes ver, de Anthony Doerr

A lectura desta novela foi a elexida polos membros do  CL Pintor de Castinande  para rematar este curso 2018/2019. Obtivo o premio Pulitzer para obras de ficción 2015 e nela o autor (   Anthony Doerr  (Cleveland, EE UU, 1973)   relata de forma paralela, a historia dunha nena cega que vive en París , Marie-Laure, e un neno alemán, Werner, durante a ocupación alemá na 2ª G.M.  Werner   : medra na rexión mineira de Zollverein (antigo lugar industrial na cidade alemá de Essen no estado de Renania do norte, hoxe Patrimonio da Humanidade ) . Xunto coa súa irmá Jutta e doce nenos máis, vive nun orfanato ao coidado de Frau Elena. A intelixencia deste mozo non pasa desapercibida polos alemás e moi cedo atopa o seu lugar entre a élite do exército nazi. Marie-Laure : vive co seu pai en París, preto do Museo de Historia Natural . Cando queda cega , o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do barrio no que viven para que poida memorizalo polo tacto e atopar así o camiño ata

Novidades no catálogo.

Novidades no catálogo

Novidades no catálogo