Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Contos para todas as idades

Grazas ó Programa Ler Conta Moito 2019 para a  dinamización da  lectura, da  Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, o Concello de Sober xunto coa Consellería de Cultura e Turismo ofrece a posibilidade de programar actividades de dinamización na nosa biblioteca pública.   Durante o mes de outubro na BPM de Sober escoitáronse unha chea de contos nas diferentes actividades organizadas tanto para os  nenos e as nenas coma para os adultos. O venres día 18 estivo CAXOTO CONTACONTOS con : CONTO PARA ESCOITAR MENTRAS BAILAMOS UN VALSE O mércores 23 contamos con FÁTIMA FERNÁNDEZ : Contos de sempre, para xente de agora, Esta contadora agasallounos con  historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.     En Sober hai moito conto !!!!  

Mañá na biblioteca

DIA DA BIBLIOTECA, 24 de Outubro

    O Día da Biblioteca xurdiu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en 1997, e desde entón, se vén celebrando en toda España. O cartel deste ano 2019, foi encargado ao ilustrador valenciano Miguel Calatayud e o pregón, a Gemma Pasqual .     A SEN CONTO   Non quería ser princesa, non quería ser liberada polo príncipe azul. Tampouco que o bico dun Príncipe a devolvese á vida; nin que a salvase da explotación infantil, non quería esconderse na casa dos sete ananiños e ser a súa criada ata que un príncipe a viñese rescatar. Non era capaz de renunciar á súa voz polo amor dun mozo; nin esperaba que san Xurxo a salvase do dragón. Nobres princesas condenadas a durmir ou ao silencio, por orde dunha madrasta, dun pai ou dunha fada boa. E puxo os seus zapatos vermellos e fuxiu do seu conto, correu e correu buscando refuxio ata converterse nunha sen conto. Era unha sen libro, unha sen papeis, non a querían en ningures.

Certame para un logotipo

No DÍA DA BIBLIOTECA, 24 de outubro, presentamos un certame para conseguir un logo que representa a actividade das  MERENDAS CON CONTOS dos venres na BPM de Sober.  Na páxina web do Concello de Sober podedes atopar as bases deste certame.  Aquí vos deixamos o enlace CERTAME LOGOTIPO Imaxe dun obradoiro realizado no  ano 2017

Mañá na biblioteca

Novidades DVD : La buena esposa

Joan Castleman ( Glenn Close ) é unha boa esposa, de beleza madura e natural, a muller perfecta.  Pero o certo é que leva corenta anos sacrificando os seus soños e ambicións para manter viva a chama do seu matrimonio co seu marido, Joe Castleman ( Jonathan Pryce ). Pero Joan chegou ao seu límite.  En vésperas da entrega do Premio Nobel de Literatura a Joe, Joan decide desvelar o seu segredo mellor gardado. ( FILMAFFINITY) Atopamos esta película coa signatura   CINE/RUN/bue

Programación DÍA DA BIBLIOTECA

Programación da biblioteca de Sober para celebrar o DÍA DA BIBLIOTECA 2019   O  COLECTIVO LEMOS LE , no que participa e colabora a BPM de Sober celebra unha cea de confraternidade para celebrar o día 24 de outubro . Neste enlace  Día da Biblioteca 2019  atopamos información deste evento.

Novidades ficción

Novidades DVD : Viaje a Nara

Nos bosques da rexión xaponesa de Nara a xornalista francesa Jeanne ( Juliette Binoche ) busca unha rara planta medicinal que só crece nesa paraxe boscoso. Alí coñece a un misterioso home que vive nas montañas, Aki ( Masatoshi Nagase ).  A pesar da barreira da linguaxe e a cultura, ambos sentirán a necesidade de achegarse o un ao outro.  Premiada na sección oficial do Festival de Cine de San Sebastian no ano 2018, con guión e dirección de  Naomi Kawase. Atopamos esta película coa signatura   CINE/ DRA/via Novidades outubro audiovisual  ¡¡¡

Benvida a un novo curso

Mañá mércores día 2 de outubro ,  ás 19:00h. o CL Pintor de Castinande da Biblioteca de Sober inicia un novo curso. Dende a biblioteca queremos animarvos a participar nas reunións semanais dos mércores , entre as 19:00 e as 20:00h.   Seguiremos coa nosa dinámica habitual coa  lectura dunha novela ao mes  ( facilitada pola biblioteca )  e actividades complementarias : encontros con autores, películas e viaxes culturais.  O libro sempre é un  punto de partida para coñecer lugares,  as vidas de personaxes...   A biblioteca se converte nun lugar para persoas con inquietudes culturais diversas  unidas polo placer da lectura.  Esperámosvos   aos veteranos e veteranas do CL Pintor de Castinande e a todas as novas incorporacións que se acheguen ata a nosa biblioteca. Este mércores temos un inicio de curso moi interesante pois fomos invitados a inauguración dunha exposición que permanecerá aberta no Centro Sociocultural de Sober durante todo o mes de outubro.