Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Certame de Debuxo Infantil XL Feira do Viño

Convocatoria do VI Certame de DEBUXO INFANTIL  FEIRA DO VIÑO DE AMANDI Debuxo gañador da edición 2019 BASES

Parabéns Brais !!!

Brais Rodríguez Álvarez ( 10 anos), alumno do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober e usuario  da nosa biblioteca,  acadou un terceiro premio na categoría B ( nenos e nenas de 9 a 11 anos )   na fase provincial do Certame de poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Pública  de Lugo. O venres 28 de febreiro acudiu a Biblioteca de Lugo a recibir os seus agasallos e leu o poema presentado titulado  UN SOÑO.                                                                         PARABÉNS BRAIS !!!

O entroido na biblioteca

As Merendas con Contos dos venres 14 e 21 de febreiro estiveron adicadas á celebración do Entroido . Na aula de informática tivemos dous obradoiros :  ✔ procesador de textos ( oficce) : neste obradoiro os participantes traballaron atopando  na web palabras que chamamos "riquiñas". ✔ kahooot sobre o entroido, xogo de aprendizaxe das diferentes  tradicións e maneiras de celebrar o entroido en Galicia. Na biblioteca fixemos as lecturas habituais dos venres, e as elixidas para estes días foron : O GALO AVISADO e O RAPOSO TRAMPULLEIRO . O noso obradoiro que como temos por costume, remata as actividades de animación á lectura dos venres, estivo adicado á eleboración de compadres e comadres, nas que reflexamos perxoaxes de banda deseñada : MAFALDA, POKEMON, TINTÍN, DORAEMON...   Así rematamos a celebración do entroido nas Merendas con Contos  da BPM de Sober .

CL-Como nacen as cancións

Para agasallar a Rosalía de Castro , o CL Pintor de Castinande , adica esta sección a coñecer algún dos poemas desta poeta galega. Escollemos poemas musicados por Amancio Prada , que dixo de Rosalia  en 1994 :  " Rosalía de Castro é un dos raros poetas que tivo a sorte de transcenderse a si mesmo. O pobo, a xente,  fixo súas as poesías, do mesmo xeito que Rosalía, fixera os seus versos de coplas populares, tomándoos como motivo de inspiración e punto de partida. Un proceso de influencia recíproca " Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiros, as soidades viñeron... De pena me consumiron. Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. A xustiza Pola Man Aqués que ten fama d´honrados na vila Roubáronme tanta brancura que eu tiña ; Nin pedra deixaron en dond´eu vivira. Sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas. Ó raso coas lebres durmín nas campías; M

Novidades adultos : ficción en galego

CL- O bosque animado

A última lectura no noso club estivo protagonizada pola Fraga de Cecebre situada no concello de Cambre  ( A Coruña ) : O bosque animado ( 1943 ). O seu autor,  Wenceslao Fernández Flórez  narra as historias dos habitantes da fraga : Fendetestas, Xeraldo, Marica... Tamén dos aparecidos e fantasmas que pasean polo bosque ( a alma en pena de Fiz Cotobelo ), dos topos, dun solitario vagalume, das moscas e árbores centenarias . Describe o bosque coma un ser animado e dotado de sensibilidade xa que as árbores e as plantas viven emocións humanas.  Nas distintas estancias ( capítulos ) coñecemos a Geraldo e Hermelinda, ao clan dos gatos libres, a Pilara, aos habitantes do pazo, e como non ao bandido do bosque, Fendetestas : Xan de Malvís, labrador que farto das escasas ganacias que da o campo e o labor da terra, decide botarse ao monte e converterse no ladrón da fraga.  Unha lectura moi difícil de olvidar, moi ben escrita, ten moito humor  e que nos fixo pasar bos momentos.

Novidades no catálogo

CL-Como nacen as cancións

  O mércores día 5, os integrantes do  Club de Lectura Pintor de Castinande coñeceron a orixe doutra cantiga popular : o poema Cantiga, orixinal de Manuel Curros Enríquez, con data 5 de xuño de 1869, está  lixeiramente modificada para facer a versión da popular  canción : UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO Unha noite na eira do trigo Ó reflexo do branco luar Unha nena choraba sin trégolas Os desdés dun ingrato galán I a coitada entre queixas decía Xa no mundo non teño a ninguén Vou morrer e non ven os meus ollos Os olliños do meu doce ben Os seus ecos de melancolía Camiñaban nas alas do vento I o lamento repetía Vou morrer e non ven o meu ben Lonxe dela de pé sobre a popa Dun aleve negreiro vapor Emigrado camiño de américa Vai o probe e infeliz amador I ó mirar as xentís anduriñas Cara a terra que deixa cruzar Quen pudera dar volta pensaba Quen pudera convosco voar Mais as aves e o buque fuxían Sin ouvir seus amargos lamentos So

As merendas con contos da ilustración

Durante o mes de xaneiro a BPM de Sober acostuma a realizar obradoiros relacionados coa ilustración, para agasallar ao debuxante e caricaturista  galego  Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , nado o día 30 deste mes.  Nesta ocasión recibimos unha oferta moi especial : realizar  as ilustracións dun libro infantil escrito por ANTÓN VALCARCE . Será o propio autor o que nos presente a súa obra na biblioteca : " TROITIÑA" , unha fermosa historia sobre a vida dunha troita e as aventuras que ten no seu recorrido polo río. Despois da lectura do conto, os nenos e as nenas participantes na actividade de animación á lectura Merendas con contos, comezan a debuxar os bocetos das ilustracións propostas polo autor monfortino. A partir de agora iniciamos a preparación das ilustracións que acompañarán ao texto de "TROITIÑA" , un libro infantil que sairá ao mercado en primavera. Complementamos as actividades relacionadas coa ilustración coa asistencia á inaug