Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

Visitas ás adegas de Sober

Aquí deixamos un vídeo recordando as visitas que realizamos dende o ano 2015, cós nenos e nenas que participan nas Merendas con Contos . Fanse  durante o chamado Mes do Amandi, que son actividades previas a celebración da Feira do Viño de Sober ,  e que este ano non poderá ser, de momento!!! MOITOS E MOI BOS RECORDOS : 🎬🎬  https://youtu.be/0HedlTcfSlA 🎥🎥

Merendas con contos na casa

As Merendas con contos na casa para o venres 27 de marzo están relacionadas coa celebración do DÍA MUNDIAL DO TEATRO   Se celebra: 27 de marzo de 2020 Proclama: Instituto Internacional del Teatro (ITI) Dende cando se celebra :1961   👉 Na primeira parte das Merendas con Contos xogamos cunha aplicación para crear as vosas historias a través da tablet ou do móbil.   👉Despois podedes escoitar a Elmo e Clara :  https://youtu.be/e0pecj7ZCcQ 👉 O obradoiro que vos propoñemos para este día é a realización dun teatrillo cunha caixa de cartón e uns títeres con culleres. #quedamosnacasa  #celebramosodíadoteatro

CL-Como nacen as cancións

Nestes días de aillamento social a BPM de Sober intenta manter a dinámica habitual neste blog.  Esta é razón pola que hoxe imos coñecer a orixe dunha canción moi popular :   A Carolina.  É unha canción de orixe descoñecido, Galicia e Portugal reclámana para si. A letra parece inocente, pero non é tal, coma case sempre pasa nas cancións populares galegas : "As letras son para que cada quen interprete o que queira". Hai quen afirma que se fixo en honor a Carolina Otero, ( antes Agustina ) e logo convertida na Bella Otero. Tamén hai quen afirma que Carolina tiña unha saia cun lagarto bordado, ou non, quen o sabe ! Quizais foi todo imaxinado por quen escribira a letra. O certo é que a Carolina máis famosa da literatura galega foi a Bella Otero. Carolina naceu en Valga, no ano 1868, de nai solteira. O pai disque era un oficial da armada grega. cando só tiña dez anos foi brutalmente violada ata case causarlle a morte. Rompéronlle a pelve e producíronlle h

CL-Recomendacións lectoras

Recordamos neste momento tan especial que estamos vivindo,  cando hai  xa case catro anos que o CL Pintor de Castinande tivo a oportunidade de ler a novela A flor de piel , de Javier Moro. Foi unha lectura importante, coma todas, máis nesta tivemos a oportunidade de coñecer a historia de cómo se proxectou e levou a cabo unha gran proeza sanitaria, a erradicación dunha das enfermidades que se cobrou un  maior numero de vítimas, a viruela .     A idea parte dun home dotado dunha excepcional intuición, forte personalidade e unha desmedida ambición de gloria, Francisco Xavier Balmis ( o seu apelido da nome hoxe a operación contra o COVID-19  que se está  a realizar dende o goberno central de España) . Xunto a este médico destaca tamén a figura de Isabel Zendal , reitora da inclusa de A Coruña , e colaboradora fundamental na expansión da vacina da viruela polo mundo.   Facemos hoxe  tres recomendacións lectoras , relacionadas con este tema, para todas as idades e qu

# A hora do conto

 A BPM de Sober participa na   #horadoconto :  Un grupo de bibliotecarios municipais da Rede de Bibliotecas de Galicia programa a publicación dun conto en linea, que se poderá escoitar ou ler  nas distintas redes sociais das bibliotecas participantes mentras dure a situación de emerxencia sanitaria que padecemos. Algúns exemplos da semana pasada : 👉 http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/222463_cigarra/?fbclid=IwAR3CA7i-Vwn5aHqxDiU03UxU9BcvOOnisjNwVsOxe2G04hOBKTok_sFjVfU 👉http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/222463_cigarra/   👉http://kalandraka.tv/es/seccion2.php?id=31 👉http://www.cervantesvirtual.com/portales/biblioteca_literatura_infantil_juvenil/254154_sastrecillo/?fbclid=IwAR1famof4Wp026BYrCCP6KIFF0zRGk2_gBkhEirRuiVqTIqmh5_XFd5FlZg   Diferentes bibliotecas municipais de Galicia unímonos nesta iniciativa  para achegar os contos aos máis cativos. De luns a venres á

Lectura dixital

 A plataforma GALICIA LE   :  préstamo de libros, revistas, audiolibros  e películas, en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, e un recurso interesante sempre e quizais máis nestes días nos que as bibliotecas estamos  pechadas.  Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca cando recolliches o teu carné de socio. Para as persoas que non sexan usuarios da nosa biblioteca ou de calquera da rede  e queiran  entrar , poderán  facelo a través deste enlace : https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/ , e aquí autorrexistrarse.  Podemos acceder asi aos recursos de GaliciaLe  (tanto en eBiblio Galicia como no Catálogo galego) https://www.galiciale.gal/#what  

Merendas con contos na casa

 Nas  Merendas con Contos temos para hoxe  unha proposta para os máis cativos , e para toda a familia👱👲👳👴👵👶  Debido á situación tan especial na que nos atopamos   estamos nas  🏡🏠🏡 casas  e desde alí imos intentar non frear o noso ritmo . Aquí vos presentamos un  xogo que ten que ver co Día Mundial da Poesía, que se celebra o día 21 de marzo e que iamos a festexar hoxe na biblioteca de Sober . Os nenos e nenas desta biblioteca xa coñecen a dinámica deste xogo :    👉 Só tedes que premer no enlace desde o voso ordenador, móbil ou tablet e comezar:     ⏳https://kahoot.it/…/ca850f25-dbc2-4286-88db-c71107c0793c_15… 👉A segunda tarea desta tarde ten que ver coa lectura. Estas son as  propostas para hoxe : E se aínda tedes forzas  :  Es un animal mamífero,  pero vuela, vuela, vuela,  tiene pechos,  duerme en los techos,  siempre duerme boca abajo  y la luz le pone malo.  Vive en árbole[s o en cuevas,  en castillos derruidos

CL- Las hijas del César

As fillas do César chegan a Lucus Augusti, a actual Lugo, para levar a cabo unha perigosa misión.  Alí atoparán a dous pobos galaicos enfrontados: os seus aliados das Sete Aldeas e os maléficos sureños de Gualmar.  A morte do aspirante ao trono celta complicará a situación, pero o Consello de Sabios recibirá unha noticia que provocará un xiro inesperado nos acontecementos. A partir desta trama, Pablo Núñez desenvolve unha estupenda novela histórica e de aventuras, capaz de manter o interese do lector ata a última páxina. O CL Pintor de Castinande remata o primeiro trimestre deste ano coa lectura desta novela que nos acerca a un mundo, o do Imperio Romano, moi atractivo para os integrantes deste club, e que nos introduciu na historia da cidade de Lugo, das obras que alí deixaron plasmadas os romanos e da cultura galega que acompañou a presenza de Roma na Gallaecia.  https://literatura-angora.blogspot.com/ :   Pablo Nuñez Gonzalez  nació en

Recomendacións lectoras

Dende a BPM de Sober queremos axudarvos a pasar estes días caseiros recuperando e aproveitando os momentos con lecturas quizais  pendentes que teñades pola casa, e por suposto libros que  podemos atopar na nosa biblioteca.  Recomendacións lectoras  para toda a familia :  👉En 2020 celebramos o centenario de Benito Pérez Galdós (As Palmas 1843 - Madrid 1920) novelista, dramaturgo, cronista e político español que está considerado un dos máis importantes autores en lingua española xunto a Cervantes. A súa enorme produción de novelas curtas que relatan a historia e a sociedade da España do século XIX valeulle a comparación con Honoré de Balzac e Charles Dickens. 👉 Ledicia Costas Álvarez , é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015,  pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta .  . É unha das escritoras máis traducidas e recoñecidas da literatura galega, e os seus libros son constantemente reeditados. Na colecc

Préstamos vencidos

Debido ás medidas e recomendacións achegadas pola Xunta de Galicia e as medidas adoptadas polo Concello do Sober ante a situación de emerxencia sanitaria que estamos a vivir con motivo do avance do COVID-19, a BPM de Sober permanecerá pechada temporalmente ó público desde o día 14 de marzo. -No relativo a préstamos :     todos os préstamos que tiñan a data de vencemento a partir do 13 de marzo quedan prorrogados ata o 30 deste mes. No caso de que a situación se alongue, procederase a adiar novamente a data de devolución.  As devolucións faranse cando se reanude o servizo.

Aviso aos usuarios da Biblioteca Municipal de Sober

No seguinte enlace atopamos a información sobre as medidas adoptadas polo Goberno local de Sober en relación a situación do COVID-19 .  Así mesmo informamos  que quedan pospostas as actividades das Merendas con Contos e do CL Pintor de Castinande. http://www.concellodesober.com/amplia.php?id=787   Esperamos que pronto nos poidamos reencontrar

Proxecto Mulleres de Lemos

A BPM de Sober , integrante do Colectivo Lemos Le, colaborou na presentación por parte deste colectivo de bibliotecas publicas e escolares, no   PROXECTO MULLERES DE LEMOS , que podemos consultar  neste enlace :  http://lemosle.blogspot.com/2020/03/proxecto-mulleres-de-lemos.html  A protagonista deste ano será un traballo realizado por MARGARITA RODRÍGUEZ OTERO . O Colectivo Lemos Le continúa así o labor divulgativo sobre personalidades femininas destacadas na nosa comarca.  As protagonistas serán dende agora mulleres ou colectivos que están presentes nas nosas vilas, e que destacan polo seu compromiso pola igualdade en distintos ámbitos da nosa sociedade.

8 de marzo : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres 6 de marzo nas Merendas con Contos , os nenos e as nenas da BPM de Sober recibiron a visita de Ruth Díaz Amor , muller emprendedora de Sober adicada o sector do turismo.  Realizou un obradoiro sobre o Patrimonio da Ribeira Sacra , expicando aos cativos conceptos como patrimonio natural, cultural , paisaxístico, do material e tamén do inmaterial ; lemos unha lenda de Sober, unha historia de mouras, covas e tesouros. Para rematar cada neno e cada nena fixo o seu "rosetón " románico con moitas vidreiras de cores.  Na entrada da biblioteca atopamos unha selección de lecturas sobre a muller, o feminismo e sobre a igualdade. Podedes pasar a escoller a lectura que máis os atraiga para estas datas.  

Mañá na biblioteca

  📚 As Merendas con Contos estreamos  logo.   O venres 28 , os nenos e nenas que participan nas Merendas con Contos elixiron, por maioría, o logo que as vai representar a partir de agora e que xa vai incluído no cartel deste venres. O autor é Elías Gago , moitos parabéns!!!

24 de febreiro : agasallamos a Rosalía de Castro

Esta foi a homenaxe e celebración do Día de Rosalía de Castro na Biblioteca Pública Municipal de Sober, 24 de febreiro, coincidindo co día do seu nacemento.  Seguindo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) tivemos un obradoiro de POSTCROSSING , coa busca en internet de poemas de Rosalía de Castro , para posteriormente escribir unha postal con ese poema. Cada neno e cada nena enviaron a súa postal a un familiar, a un amigo, cada quen a quen eles quixeron.  Os nenos e as nenas botan as postais na caixa de Correos do Centro Sociocultural.