Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Merendas Con Contos de Cine

🎬No último venres do mes de maio , os nenos e as nenas participantes no Programa de Animación á lectura Merendas con contos, van ao cine. Este ano non podemos ir, así que para este venres 29 de maio imaxinamos algunha actividade relacionada e  preparamos esta  entrevista cun extraordinario  director de cine, con orixes na nosa comarca : DANI DE LA TORRE ( El desconocido, La sombra de la ley, La unidad ..) e aquí vos deixamos o resultado🎤 Hoxe rematamos  as actividades programadas para os máis cativos do Concello de Sober , as que se realizan dende o mes de outubro ata xuño , neste ano tan  diferente , agardando vernos moi pronto.❗❗ 📚💻💏

#Mércores de conto

Son as 5! É a #HoraDoConto!    Hoxe, a elección vén da BPM de Noia que nos trae o conto : "De que cor é un bico? " de Rocío Bonilla da Editorial Algar.    E vós? Queredes saber de cantas cores son os bicos? Prestade moita atención ao conto! Agardamos que vos guste!     https://youtu.be/tF5zTAjx9gc #mércoresdeconto #bibliotecasmunicipais

Novidades no catálogo : Letras Galegas

En palabras da propia autora :"... é o primeiro libro da tradición editorial galega que afronta a descuberta do xénero internacionalmente coñecido como Comic Poetry : o diálogo da poesía e da banda deseñada, que na nosa lingua poderíamos traducir por "Cómic Poético". Interesante esta proposta editada por Xerais.    Sensacións, descricións da natureza, relatos míticos e históricos, reflexións sobre como mudar o xeito de relacionarnos co medio que nos rodea. Lecturas ao Natural cunha protagonista: a Torre de Hércules.   Nun tempo marcado polo drama dos refuxiados, esta historia é  oportuna e necesaria para a reflexión, a esperanza e a solidariedade con millóns de persoas que teñen dereito a vivir en paz e en liberdade, nun mundo sen fronteiras. Contén fermosas ilustracións de Federico Delicado.     NOVIDADES  no catálogo da BPM de Sober  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/

Merendas con contos-Fase 3

Propoñemos para esta semana as dúas últimas probas da  gincana das LETRAS GALEGAS A XOGAR ¡¡¡ Como remate, a ver se os animades a facer  estas saborosas galletas : BO PROVEITO¡¡¡

# A hora do conto

  A maior parte das bibliotecas que participamos nesta iniciativa, que xurdiu durante o confinamento,  xa comezamos a prestar os servizos presenciais, e queríamos dar continuidade a este proxecto de colaboración que se facía a diario ás 5 da tarde. Dende hoxe mércores 20 de maio  a hora do conto das bibliotecas municipais será presentado todos os  mércores, e hoxe é a Biblioteca Pública de Corcubión a encargada de propoñer a lectura co conto : "A sopa queima", de Pablo Albo&André Letria. Recollido da canle de "Semente Compostela". https://youtu.be/NZkLe4xSLWY #mércoresdeconto #bibliotecasmunicipais

17 de Maio : DÍA DAS LETRAS GALEGAS : RICARDO CARBALLO CALERO

 Este 17 de maio , tan especial , compartimos as actividades que dende a  Real Academia da Lingua Galega nos propoñen :     https://academia.gal/inicio/-/asset_publisher/m2gF/content/a-academia-celebra-o-dia-das-letras-galegas-na-rede-con-propostas-para-todas-as-idades?redirect=https%3A%2F%2Facademia.gal%2Finicio%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_m2gF%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D4 Ricardo Carballo Calero. Imaxe cortesía de Moncho Rama. ( Real Academia da Lingua Galega )

Novidades no catálogo : LETRAS GALEGAS

AD INFEROS ,   o primeiro poemario da monfortina Mónica Sánchez , editado por Chan da Pólvora,  xa está dispoñible para o préstamo na BPM de Sober.  Libro composto de poemas e imaxes, que son tamén poemas visuais, en palabras da propia autora.            Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia a explotación industrial. Nesta historia inventada, pero tremendamente real,  descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas galegas.       Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional, e agora chega á BPM de Sober a súa novela Seda  traducida ao galego.  #novidades no catálogo #letras galegas

Letras Galegas 2020 : Ricardo Carballo Calero

Agasallamos as nosas Letras e especialmente ao homenaxeado este ano : RICARDO CARBALLO CALERO,   cun tema inedito de LUIS VALLECILLO que compuxo hai uns anos "Buscando a Rosalia" adicado a "Rosalia de Castro" primeira persoa homenaxeada no ano 1963. Este tema é un agasallo do autor para que as bibliotecas o difundamos nas nosas redes sociais. Grazas Luis Vallecillo por esta fermosa canción, https://youtu.be/tByiyESPfSg

Merendas con contos-Fase 2

Xa temos aqui a segunda fase da GINCANA das LETRAS GALEGAS AGARDAMOS AS VOSAS RESPOSTAS ¡¡¡

# A hora do conto : 17 de maio : DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este domingo, 17 de maio é o día grande da nosa literatura, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS .   Malia que os actos oficiais de conmemoración están adiados ata outubro non queremos pasar esta data se salientar a fifura de RICARDO CARBALLO CALERO , o autor homenaxeado este ano.  Seu é este texto que vos deixamos hoxe na nosa #horadoconto, unha proposta que  aporta a Biblioteca de Narón. https://youtu.be/MwfhyBResU8 # ahoradoconto # quedanacasaele # bibliotecasmunicipais

Merendas con contos-Fase 1

Para este mes de maio continúan as Merendas con contos dende as casas, cunha proposta lúdica , que ten como obxectivo agasallar as nosas letras, pois maio é o mes das LETRAS GALEGAS . PRIMEIRA PROBA, do venres 8 ata o día 14 :

Próxima reapertura da biblioteca

A partir do  luns 11 de maio a biblioteca do Concello de Sober volverá a prestar servizos presenciais no seu horario habitual:  De  martes a venres : de 11 a  13 h. / de 16 a 20 h. Os luns: de 16 a 20 h. Os sábados: de 11 a 13 h. A biblioteca   está preparada para iniciar unha nova etapa despois de proceder á limpeza das instalacións e a corentena que tiveron  os libros e outros tipos de materiais tras  estar pechada durante 7 semanas.    Esta reapertura  requerirá medidas de seguridade, tanto para o persoal  como para as usuarias e usuarios, sendo necesario repectar o protocolo que a continuación detallamos. As normas de uso da Biblioteca Municipal de Sober , ata que Sanidade e o Goberno adopten una normativa xeral para o conxunto da Rede de Bibliotecas de Galicia , son as seguintes : É recomendable vir á Biblioteca con máscara. A entrada atoparás xel hidroalcólico que terás que usar.   Repecta a distancia de seguridade, evita o contacto próximo e

# A hora do conto

Son ás 5 da tarde deste martes 5 de maio. Hora do conto!  Hoxe achega o contiño a Rede Municipal de Biblioteca de Arteixo, e o texto escollido é da editorial Oqo: Carabuñas de Margarita del Mazo e ilustracións de Charlotte Pardi. : Carabuñas nunca cortaba as uñas. O que pasa logo, haberá que velo, escoitalo e lelo. A versión que vos presentamos é a da canle de YouTube do Ceip Coiron-Dena (Meaño) https://youtu.be/ececuElD_78   #horadoconto                                                                 #ficanacasaele #quedanacasaele #bibliotecasmunicipais

# A hora do conto

Comezamos o mes de maio , o mes das LETRAS GALEGAS , coa publicación dun conto as 5 da tarde, en colaboración có grupo de Bibliotecas Municipais có que estamos acolaborar nesta  iniciativa dende que se decretou o estado de alarma polo COVID-19.  Hoxe a #horadoconto chéganos coa escolla das BPM de Valga co libro          " Pulga e xigante" escrito por Serenella Quarello  e ilustrado por Maurizio A. C. Quarello. Editado por OQO .  Agardamos que vos guste!       https://youtu.be/cJ9Q88W4y6s     #horadoconto                                                                 #ficanacasaele #quedanacasaele #bibliotecasmunicipais