Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2020

#BiblioVeránenGalicia

Neste mes de xullo que agora remata, 21 bibliotecas municipais galegas colaboramos na iniciativa  #BiblioVeránenGalicia, para coñecer o noso  entorno máis próximo.  A diario, compartimos con todxs os usuarios e usuarias :  recomendacións de lectura , paisaxes , tradicións , gastronomía , arte, historia , lendas e moito máis que os concellos nos que traballamos nos ofrecen. Participamos as bibliotecas dos concellos de : Antas de Ulla, A Pobra do Caramiñal, As Pontes de García Rodríguez, Caldas de Reis, Coirós, Miño, Monterroso, Narón, Noia, O Saviñao, Ordes, Oroso, Redondela, Rianxo, Ribadavia, Sanxenxo, Sober, Teo, Valga, Xermade e Xinzo. BO VERÁN ¡¡📚

Coñece o teu concello : TODOS E TODAS A BORDO !

👦👧👦👧                      Actividades na 3ª semana do Campamento de verán en Sober ( 14,15 e 16 de xullo 2020 ) ✅ Lectura do conto SÓ UN RELOXO , unha  preciosa fábula, narrada por Roberto Aliaga e ilustrada por Amrei Fiedler : Marmota recibe como regalo de aniversario un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importancia, polo menos para Pega. Pero Marmota demostrará con grande intelixencia que o seu reloxo non é só un reloxo. Basado na historia  que acababan de ler ,  os nenos e nenas realizaron un Playcomic na aula de informática : Asi de felices estaban cos seus traballos :   ✅ Teatro de  sombras : Elefantes/as do presente : Os/as participantes neste campamento realizan a primeira das actividades programadas polo noso concello  e  financiadas pola Secretaría de Estado de Igualdade no marco do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.  Este obradoiro foi impartido por Selene Arias Sáez , Educadora Social, que está xestionando as actividades previstas en mater

Coñece o teu concello : SURCANDO O SIL

👧👦👧👦 Actividades na 2ª semana do Campamento de verán en Sober   (7,8 e 9 de xullo 2020) ✅ Lectura do kamishibai " Antes fuimos dinosaurios " : Ron es un enorme Tiranosaurio Rex , pero es bastante diferente al resto de tiranosaurios. Quizá por eso Ron no tiene muchos colegas. Mei es un dinosaurio muy pequeño, casi insignificante para ser un dinosaurio. Entrañable historia de amistad entre dos personajes muy diferentes pero con algo en común: el deseo de evolucionar cumpliendo sus sueños.  ✅ Nesta semana coñecemos de cerca o Río Sil , navegando en kayak ✅ Aínda tivemos tempo para facer un "karaoke",  o xogo bingo-libro: E rematamos a semana cunha excursión con baño incluido na piscina municipal de Sober

Novidades no catálogo

👀 A illada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitores desisten de impoñerlle ese aspecto, por fin poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade ás súas compañeiras. 👀 Mamá gastou todos os seus aforros. Comprou un billete para unha embarcación que nos debía levar a unha terra Onde as nenas non dormen en caixas nin as mamás choran. 👀 El Monstruo de Colores no sabe qué le pasa. Se ha hecho un lío con las emociones y ahora le toca deshacer el embrollo. Una historia sencilla y divertida, que introducirá a pequeños y a mayores en el fascinante lenguaje de las emociones. 📚📚📚 Atopamos estes contos na sección infantil-xuvenil da BPM de Sober

Coñece o teu concello : AS CORES DE SOBER

👧👦👧👦 Actividades na 1ª semana do Campamento de verán en Sober   ( 1 e 2 de xullo 2020) ✅Comeza este campamento de Sober con dúas lecturas : 📚" DoctorDe Soto, dentista de animales" de William Steig       "Nuestro circo" de Fran Nuño , có que realizamos un xogo de mímica. ✅Estes días traballamos coas cores : ✔ cada participante decora a súa mochila. ✔ visitamos as pinturas murais recentemente restauradas da igrexa de Lobios ✔ excursión entre Pinol e Cadeiras onde os nenos e as nenas realizaron un mural coa técnica do kawai xaponés.

# Mércores de conto

Hoxe na #HoradoConto a BPM de Oroso preséntanos o conto : “Mago Rosa” de Txabi Arnal e Rashin Kheiriyeh. Un conto divertido e algo gamberro no que se trata o tema da xustiza tanto na recompensa das boas accións como o castigo do dano feito. https://youtu.be/qTfGJnxBmlk # mércoresdeconto #bibliotecasmunicipais