Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

Merendas con contos na casa

Debido ao peche temporal das bibliotecas, as actividades dos venres dirixidas ao nosos usuarios máis novos, serán a través da rede, coma xa realizamos no pasado ano. Comezamos este venres 29 cun tema xa característico noso, a ILUSTRACIÓN,     que comemora o nacemento de CASTELAO,  data que aparece reflexada no Calendario do Libro e da Lectura das Bibliotecas Pública Galegas.  O día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro e ademáis de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é LOLITA DÍAZ BALIÑO . Para coñecer algo máis desta muller galega : Nas Merendas con contos de hoxe  propoñemos dous obradoiros , agardamos que vos agraden e pasedes un bo rato.

Lectura en formato electrónico

  Nesta temporada ( dende hoxe 26 de xaneiro ata o día 17 de febreiro )  na que as bibliotecas imos a estar de novo pechadas, podemos seguir coa lectura en formato electrónico na plataforma GALICIA LE   Aqui atopamos : préstamo de libros revistas audiolibros películas O acceso é moi sinxelo, soamente precisas introducir o USUARIO e CONTRASINAL  que che facilitamos  na biblioteca. Se esqueciches estes datos ou tes algún problema, ponte en contacto coa BPM de Sober :  correo : biblioteca@concellodesober.com teléfono : 982460414    

Peche temporal

 

Novidades no catálogo

  Podemos consultar e levar en préstamo os documentos que vos mostramos. LISTOS PARA PRÉSTAMO : Manuel Rivas (A Coruña, 1957), presenta neste libro o seu desexo de que o planeta enteiro sexa unha zona a defender.  Manuel Veiga Taboada (Monforte de Lemos, 1960),  responde  no seu libro a moitas preguntas sobre a identidade e a historia de Galicia.  Xavier Castro (Cangas, 1954), fai un gran traballo de investigación histórica para recrear a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) nesta nova publicación sobre a historia de Galicia fálanos dos tópicos historiográficos que determinan a interpretación da nosa cultura medieval. 

Mañá na biblioteca-CANCELADO

  Comezamos as actividades neste 2021 festexando o nacemento de ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAO ( 30 de xaneiro ), data que recolle o calendario do Libro e a Lectura das bibliotecas públicas de Galicia. Un mes no que as actividades programadas teñen moito que ver coa ilustración.

CL- Charlotte

 A segunda lectura neste curso  tan diferente, no que cada persoa le na súa casa, foi unha estupenda e sorprendente novela, CHARLOTTE, do escritor francés DAVID FOENKINOS (París, 1974) . Nas páxinas desta obra coñecemos a vida e o traballo de Charlotte Salomon, unha pintora alemá e xudía, atormentada pola pantasma da tolemia na súa familia tras un terrible achado: o suicidio da súa nai e tamén da súa tía.   Coñecer a Charlotte a través da escritura brillante de Foenkinos é un agasallo. Os dous anos nos que esta pintora  (que chegou a gañar o primeiro premio de Belas Artes en Berlín en 1938) compuxo a súa obra , son tamén os que centran a historia de Foenkinos :   «Douche a miña vida enteira», foi o que lle dixo a pintora ao médico ao que lle confiou a súa obra antes de ser capturada na Costa Azul. En 1943, con 26 anos e embarazada, foi exterminada nunha cámara de gas de Auschwitz. Con frases breves, case poéticas, o autor nos introduce nesta historia tan dura, máis cunha lectu

Certames Nadal 2020

 Xa temos premiados nos certames convocados neste Nadal 2020. En postais : cat. A, ata 8 anos : 1º premio CANDELA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ                                   2º premio LEONOR MOLINA RIVAS                                3º premio    ESTRELA CAMPOS VÁZQUEZ cat. B, de 9 a 11 anos :  1º premio  MENCIA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ                                       2º premio DARÍO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ                                      3º premio ALEJANDRA GONZÁLEZ DE LA TORRE En poesía os premios foron para :  cat. A, ata 8 anos : 1º premio CAROLINA LÓPEZ PEREIRO                               2º premio CANDELA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ cat. B, de 9 a 11 anos : 1º premio CRISTIAN DOURADO RODRÍGUEZ                                       2º premio BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ                                       3º premio MENCÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ Os poemas  premiados na biblioteca de Sober participan na fase provincial deste certame, que cada ano convoca a Biblioteca Pública de Lugo. Moita