Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

CL- Corazón de paloma

  Comezamos o ano 2021 coa lectura da novela " Corazón de paloma" de Antón Borrallo. Nas páxinas deste libro o autor mostra un cadro da sociedade galega no medio rural no século XX, xusto ao remate da Guerra Civil en España. A acción discurre na aldea imaxinaria de Matamara, onde vive Hipólito coa súa familia, composta pola pai, e os seus irmás. Ten 4 anos e comeza a narración contando como foi o enterro da súa nai. Xa nese primeiro  episodio  coñecemos  a personalidade do cabeza de familia. É despótico con todos e dunha maneira especial cos seus fillos.  Esta é unha historia dura e triste como parece que era o tempo de infancia, adolescencia e mocidade que lle tocou vivir ao protagonista.   A novela fainos  pensar na influencia que en todos ten a educación recibida nos primeiros anos das nosas vidas, e como condiciona o noso futuro.  O autor : Antón Borrallo , natural de A Coruña, acaba os seus estudos e trasládase a París. Alí traballa como pintor de carteis para o c

Poetízate ¡

 A Escola Municipal de Teatro  de Sober e as Merendas con Contos colaboran para celebrar o  Día de Rosalía de Castro ( 24 de febreiro ) . Co lema de POETÍZATE, propoñemos unha serie de actividades para coñecer a vida e a obra desta autora. Este é o primeiro reto : atopar en qué poemas ou poemarios  de Rosalía de Castro están incluidas estas estrofas ¡¡¡

Novidades infantís

  Para os máis cativos da casa e para os que xa saben ler. Novos contos preparados para o préstamo.

Merendas con contos na casa

  Con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a Biblioteca e a Escola Municipal de Teatro de Sober van levar a cabo unha serie de actividades enmarcadas nas Merendas con contos. Dadas as presentes circunstancias sanitarias, o formato será virtual, polo que animan á participación activa a través das redes sociais. O lema do programa será “POETÍZATE!”, en referencia á poesía e tamén á concepto de poiesis: creación, arte, xogo.   En primeiro lugar, difundirase un poema creado a partir de diversos textos de Rosalía para público infantil. Irase subindo á rede en forma de diferentes estrofas. O día 24, efeméride oficial de Rosalía, publicarase o poema completo. Ao mesmo tempo, desde as redes da biblioteca vaise lanzar un pequeno reto para todos os públicos. Trátase de descubrir os textos dos que foron tomadas cada unha destas estrofas. Para iso pódense consultar os exemplares dispoñibles na biblioteca, ou ben indagar a través de internet. Os obxectivos deste xogo son promover o c

Merendas con contos na casa

  https://kahoot.it/challenge/ca850f25-dbc2-4286-88db-c71107c0793c_1612982855094   Este fin de semana celebraríamos as actividades relacionadas có entroido en Sober. No enlace anterior podemos xogar e coñecer un pouco máis desta festa galega tan popular. Sorte coas respostas, non son doadas ¡¡¡

Xoves de comadres

  A BPM de Sober representa a comadre de Rosalía de Castro, nun ano completamente diferente no que a celebración do Entroido queda reducida a estas pequenas accións-homenaxes. No catálogo da biblioteca atopamos unha boa mostra da obra da nosa autora, tanto para público adulto coma infantil-xuvenil :  https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=rosalia&branch_group_limit_txt=Sober+-+Biblioteca+P%C3%BAblica+Municipal+de+Sober&branch_group_limit=branch%3ALBM045

Merendas con contos na casa

  A proposta  para esta semana está en relación coa celebración do Entroido. Na programación das Merendas con contos tiñamos preparado a elaboración de disfraces que tivesen relación coa cultura dos nativos de norteamérica.  O obradoiro consiste en debuxar ou realizar un "tipi", vivenda tradicional, e se aínda tedes folgos, confeccionar un traxe cós materiais que teñades pola casa. Neste vídeo tedes o tipi da biblioteca :  Atopamos no noso fondo bibliográfico  esta fermosa publicación relativa a historia dos Indios norteamericanos : "Relatos de indios : historias sorprendentes de los nativos de Norteamérica" De, Käthe Recheis e ilustrado por Michael Ruppel.. Relatos con títulos ben suxerentes e atractivos : Flecha y los perros espíritu La pequeña cazadora De cómo el zorro y un muchacho llevaron el fuego a los hombres La hermana pequeña y el gigante de piedra El niño salmón        

Xoxes de compadres

Hoxe, 4 de febreiro, celebramos na nosa comarca a primeira festa do Entroido.  Trátase do Xoves de Compadres, na que homes e mulleres se enfrontan por medio de cancións e un boneco de palla e trapos de sexo masculino.  O boneco da biblioteca  deste ano representa a Castelao e a súa obra, que atopamos no catálogo de libros en galego da BPM de Sober : Retrincos Un ollo de vidro Os dous de sempre Sempre en galiza Cousas Os vellos non deben de namorarse Alba de groria As bibliotecas estamos pechadas neste momento  máis podemos acceder tamén a estes títulos na plataforma GALICIA LE : https://catalogo.galiciale.gal/Search/Results?type=AllFields&lookfor=castelao  Agardamos que teñades unha lectura interesante coa obra  deste intelectual galego , que podemos continuar na páxina : http://fundacioncastelao.gal/