Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2021

Mañá na biblioteca

 

23 de abril : DÍA DO LIBRO

 PROGRAMACIÓN PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO 2021  👉Durante esta xornada os usuarios da biblioteca poideron escoller un libro como agasallo :         👉Na tarde do día 23 os nenos e as nenas das Merendas con contos realizaron o obradoiro : Qué un libro para ti? onde expuxeron os seus sentimentos respeto aos libros e lecturas preferidas.          👉Na última parte da tarde  contamos coa colaboración de LAURA GÓMEZ GRANDE , que nos levou ata o  mundo máxico  de  Harry Potter ,  nome dunha serie de sete novelas de fantasía escritas pola británica J.K. Rowling. Grazas laura pola excelente presentación que realizache na bpm de Sober ¡¡ Os nenos e as nenas participantes levaron como agasallo a variña máxica de Harry e tamén o documento que acredita a entrada no Colexio Hogwarts, de maxia e feitizos.          

Exposición fotográfica

 

Mañá na biblioteca

 

CL- La bailarina de Auschwitz

  Edith Eger tiña 16  anos cando os nazis invadiron o seu pobo en Hungría.  Xunto aos seus pais e a súa irmá Magda foron enviados ao campo de exterminio de Auschwitz.  Neste emocionante libro , Eger narra a súa vida, primeiro nos campos de concentración, logo en Checoslovaquia e para rematar vivindo nos Estados Unidos, onde se convirte nunha prestixiosa psicóloga alumna de Viktor Frankl ( psiquiatra austríaco fundador la logoterapia ) . Un libro sobrecolledor, potente e inspirador  que ,gracias a experiencia vital da autora, busca axudar a persoas con traumas que lles impiden vivir a súa vida con plenitude. Unha inspiradora historia de valentía e supervivencia.    O CL Pintor de Castiande continúa coas lecturas dende a casa, sen reunións presenciais, agardando que pronto poidamos estar na biblioteca en torno a nosa mesa, compartindo as lecturas que neste  momento teñen que ser a través dos teléfonos, do  wsap e de encontros breves na biblioteca.

Pandemia : exposición fotográfica de Ángel Utrera

Onte colgamos na Biblioteca as fotografías realizadas por  ÁNGEL UTRERA autor de Agolada, que nos acompañará durante a primeira quincena do mes de abril.  Neste pequeno vídeo podemos ver parte desta estupenda mostra fotográfica. Pódese visitar ata o día 16 de abril dentro do horario habitual da biblioteca.    https://www.instagram.com/tv/CNX3FMhqdfp/?igshid=17bbkcqlb2vdv  

Mañá na biblioteca

 

Novidades no catálogo : infantil-xuvenil

 Novidades no catálogo da biblioteca para os nosos usuarios -lectores máis novos.

Día do Libro infantil e xuvenil

2 de abril : DÍA DO LIBRO INFANTIL https://youtu.be/s250Z9haR_w Vídeo confeccionado pola OEPLI para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil. FELIZ DÍA para os lectores de todas as bibliotecas