Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2021

Encontro coa autora

 O martes día 1 de xuño MARICA CAMPO visitará Sober para falar do seu libro NÓS OUTRAS.  Obra de poesía infantil con ilustracións da artista plástica MENCHU LAMAS. Este libro vén de ser elexido como mellor edición do ano 2020 no panorama editorial galego: premio Follas Novas do Libro Galego e que está editado por CHAN DA PÓLVORA EDITORA.   MARTES DÍA 1 DE XUÑO ÁS 19:30H. no Centro Sociocultural de Sober.

Mañá na biblioteca

 A Escola Municipal de Teatro de Sober realiza na biblioteca un obradoiro  o último venres de cada mes. Este xa é o último deste curso, pois rematamos as actividades programadas para este ano , que foi tamén diferente, pola medidas sanitarias que houbo que cumplir.  Grazas a todos por participar e cooperar no programa das Merendas con Contos. Grazas a súa directora Eva Ferreira por acercarnos ata o mundo do teatro, con todos os beneficios que esta arte aporta as persoas, axudando tamén á socialización dos nenos e nenas de Sober.

Certame Narración e debuxo infantil Letras Galegas 2021

        A BPM de Sober participa un ano máis no Certame de narración e debuxo infantil das Letras Galegas organizado  pola Biblioteca de Lugo , no que colaboramos as bibliotecas municipais desta provincia. O tema da convocatoria deste ano está en relación có dereito que teñen os nenos e as nenas ao entretemento, ao xogo e a participación nas actividades artísticas e culturais.   Un tema que nos engaiola e uns fermosos traballos feitos polos nenos e nenas de Sober que agardamos teñen sorte na fase provincial do certame.

Narrativa Galega : ALMA DE BARRO

  Moncha Prieto, natural da parroquia de Gundivós (Sober) e integrante do CL Pintor de Castinande da nosa biblioteca , acaba de publicar a súa primeira obra, "Alma de Barro : relatos da Ribeira Sacra". Foi publicado por Ed. Xerais de Galicia ,  prologado polo escritor e profesor Basilio Losada, e cunha introducción de Luís Fdez. Guitián, alcalde de Sober.   Esta é a súa primeira obra en solitario, aínda que anteriormente colaborou en varios libros colectivos e revistas literarias. En palabras da autora, os relatos deste libro están baseados en feitos reais que aconteceron en diversos lugares da Ribeira Sacra. Son dezaoito historias situadas principalmente no pasado, historias da xente común que xa podemos atopar na biblioteca na sección de novela en galego.  NORABOA MONCHA. Agardamos poder realizar moi pronto a presentación do teu libro na biblioteca de Sober con todos os integrantes do CL.   Moncha Prieto asinou o seu libro de relatos o Día 17 de maio, Letras galegas 2021.

Mañá na biblioteca

 

XELA ARIAS : Letras Galegas 2021

  Nas Merendas con Contos deste mes de maio os nenos e nenas participantes nesta actividade  coñeceron a figura da escritora Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das nosas Letras.  Elaboraron unha pequena biografía a partir dos textos que atoparon na web https://primaveradasletras.gal/ , que repartiron entre os veciños de Sober có fin de dar a coñecer a Xela e a súa obra.    Os seus poemas  aparecen decorando unha árbore na entrada da biblioteca. Pequenas estrofas da obra de Xela Arias foron escritas polos usuarios máis cativos e decoradas con fermosos debuxos.  Esta foi a homenaxe dos nenos e nenas da biblioteca de Sober para unha escritora que dende agora xa forma parte da nosa colección bibliográfica.  

Mañá na biblioteca

 

Novidades no catálogo : narrativa galega

Neste mes de maio, mes das Letras Galegas, entran no catálogo da biblioteca obras da narrativa feita polos noso autores galegos. Clásicos  e contemporáneos consagrados, máis tamén novas autoras coas súas primeiras publicacións. Agardamos que vos agraden.  Están nos estantes da BPM de Sober  en Narrativa-Galego preparados para o préstamo.

Mañá na biblioteca