Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2021

Coñece o teu concello : O CANÓN

Actividades realizadas na 3ª semana do campamento de verán "Coñece o teu concello" ✅ Comezamos esta nova semana coa lectura de dous contos kamishibai : "El secreto de la montaña" e "Ioga kamishibai" ; no primeiro descubrimos o segredo de Andrés e do seu pai, nunha cova chea de letras moi fermosas que están alí agochadas hai moito tempo . Un conto que nos fala da importancia de expresar as nosas emocións. Remata a mañá do día 20 de xullo coa elaboración de pulseiras, chapas... , un obradoiro divertido e con moita creatividade.  ✅ A excursión desta semana fixémola pola parroquia de Bolmente. Visitamos o observatorio de aves e o mirador de Boqueiriño, e coñecemos o aloxamento turístico "Apartamentos Río Sil " de Susana  "DEIXA O TEU MÓBIL E DEBUXA", dentro da programación deanimación á lectura do Concello de Sober en colaboración coa consellería de Cultura da Xunta de Galicia, no programa : Obradoiro de viñetas e humor gráfico a cargo de

Novidades no catálogo : Banda deseñada

 

Coñece o teu concello : A NAVEGACIÓN

 Actividades realizadas na 2ª semana do campamento de verán "Coñece o teu concello " ✅ O manga é unha tendencia entre nenos e adolescentes dende hai varios anos , asi quixemos que estiveran presentes nas lecturas que facemos no campamento de Sober. Moitos son os nenos e nenas que se achegan á lectura a través deste tipo de cómic xaponés, e  presentamos as historias do "Dulce hogar de Chi,  de Konami Kanata. Tivemos tempo tamén para oa debuxo kawai, a partir do libro "Cómo dibujar kawai" de José Antonio Pérez (JAPE). O programa de dinamización da lectura "Ler conta moito" trouxo  á biblioteca de  Sober o obradoiro "Nutrición có Raposo Rufo " de Iria Iglesias e Dani Viéitez ( @estudio gnomo ) ;  presentaron en Sober a súa proposta para una alimentación equilibrada, a través do "Raposo Rufo " e as súas receitas de comida sa e equilibrada. Os creadores involucraron aos nenos e nenas na elaboración de pratos , amosándolles que a

Novidades no catálogo

 

Coñece o teu concello : PEGADAS

 Actividades realizadas na 1ª semana  ( 6, 7 e 8 de xullo ) do V Campamento "Coñece o teu concello" ✅ Inauguración da esxposición de fotografía "EQUUS" de Tamara Lebón : contamos coa participación da autora que atendeu as preguntas dos nenos e das nenas. Consta esta exposición dun conxunto de 20 fotografías que teñen como protagonistas aos cabalos, retratados sós ou cos seus coidadores. Fotos feitas con moito amor e sentimento.  Permanecerá exposta na  biblioteca durante todo o mes de xulllo.   Paula Vázquez Verao, da Asociación cultural O Colado do Vento, realizou un obradoiro a partir da unidade didáctica editada recentemente por este colectivo. Traballou cos nenos e as nenas en relación as distintas festas que teñen lugar no concello de Sober ao longo do ano, facendo fincapé nos oficios e traballos que se realizan ou realizaron neste territorio.  ✅ A excursión desta semana levounos a coñecer a parroquia de Lobios. Visitamos un petroglifo, chamado "A pena do

Novidades no catálogo : narrativa galega adultos

 

Exposición fotográfica : EQUUS

 Un conxunto de 20 fotografías de cabalos realizadas pola fotógrafa monfortina TAMARA LEBÓN. Un fermoso traballo feito con moita profesionalidade e gran sensibilidade. Estará durante todo o mes de xullo na BPM de Sober , de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00h.