Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2025

Excursión ao cine

O venres 30 de maio as Merendas con contos foron de excursión ao cine a ver Lilo e Stitch. Adquiriron as entradas grazas á recaudación das vendas realizadas no mercado do libro.

IV Ciclo USC. Programa Universitario para Maiores

Ao longo do mes de maio tivo lugar o Programa Universitario de Maiores IV Ciclo Camiños de coñecemento e experiencia da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado realizou tres seminarios: - O Reino de Galicia na Idade Moderna impartido por Rubén Castro Redondo, docente da Facultade de Ciencia das Humanidades e do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo. - Axuda Humanitaria, cooperación e conflitos, con Ana Lampón de Solidariedade Internacional, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo. - As especies arbóreas da contorna con Blanca Fraga Cimadevila, colaboradora do Programa Universitario de Maiores, IV Ciclo.

Sentimos para respectar

O venres 23 de maio recibimos a Paula Santos para recoñecer as emocións que sentimos en situacións de desigualdade e a poñernos no lugar das e dos demais. 

Día das Letras Galegas 2025

Polo Día das Letras Galegas 2025 gozamos dos Contos e lendas daquí e acolá de Velaísca . Que ben o pasamos!

CL-A través de mis pequeños ojos de Emilio Ortiz

Título para gozar no Club de Lectura Pintor de Castinande: A través de mis pequeños ojos  de Emilio Ortiz, editado por Duomo. 'Fermosa historia de amizade, amor e superación contada a través dos ollos dun can guía. Cross é un can guía alegre e inquieto. Mario é un rapaz novo invidente que intenta abrirse camiño na vida. Xuntos forman un gran equipo'.

Merendas con Contos- Maio