Debido a que o noso blog creouse despois de que este programa rematase, a continuación queremos mostrarvos algunha das actividades levadas a cabo na Biblioteca durante a etapa que vai dende outubro de 2011 ata xuño de 2012. Con esta escolma despedímonos ata o mes de setembro. “ Merendas con contos ” é un programa de animación á lectura co que se pretende facer da lectura un vehículo de enriquecemento e aproveitamento persoal, proporcionando espacios de encontro na biblioteca. O obxetivo é consolidar ó habito de lectura e inténtase proporcionar recursos e cauces de participación tanto a nen@s como ós adultos. As actividades realízanse todas as tardes dos venres dende outubro ata xuño. Os participantes son na súa maioría nenos/as do concello de Sober, así como os pais e as nais que os acompañan e colaboran con nós. GRACIAS A TOD@S POR FACER POSIBLE ESTE PROXECTO!!! OUTUBRO-NOVEMBRO: Samaín e Magosto. D ...