Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2026

CAMPAMENTO DE VERÁN 2026

 

Contacontos : Inma Soto

 

Presentación : Repil, 20 de abril de 1949, Xurxo Ayán e Olga Novo

 

Contos na biblioteca

 

Contacontos : Trémola Teatro

 

Merendas con contos -Maio

 

CL-Deixe a súa mensaxe despois do sinal

  Novela que xira ao redor de mensaxes de voz. Coñecemos a historia de catro mulleres : Marina, Carmela, Sara e Viviana, que atravesan momentos vitais difíciles.  A medida que lemos esta novela vemos que as vidas das protagonistas se entrelazan e que todas teñen os seus medos e dúbidas. As catro mulleres protagonistas, ainda que con vidas diferentes, teñen en común que non se atreven a contar as cousas que lles preocupan en persoa, e utilizan os contestadores para desafogarse. Unha obra cunha formulación  orixinal escrita pola recoñecida autora Arantza Portabales. Unha lectura que foi do agrado das integrantes do cl Pintor de Castinande da biblioteca de Sober.

Presentación : Leliña, un ano na vida de Lela, de Mary Carmen Ruzo López

 

Presentación : Unha árbore, un poema e o seu sentir, de Fina Maciolas

 

23 de abril : DÍA DO LIBRO

  https://www.cultura.gob.es/cultura/areas/libro/mc/dia-libro/presentacion/2026/dia-libro-derecho-autor.html

Merendas con contos-Abril

 

Programación mes de Abril

CL-El médico

  A trama desta novela céntrase na vida de Rob J. Cole, un mozo que queda orfo na Inglaterra do século XI.  Rob ten un talento innato para detectar enfermidades. Realizará unha extraordinaria viaxe a través de Europa e Asia,  chea de interesantes detalles históricos. Cumplirá así   o seu soño : converterse en médico e atopar o seu lugar nun mundo cheo de perigos e prexuizos.  O autor,  https://noahgordon.com/es/bio/ , é un escritor estadounidense superventas cuxas obras se enmarcan dentro do drama histórico, facendo especial fincapé en aspectos médicos. O título elexido polo CL da biblioteca de Sober é a primeira parte dunha triloxía composta tamén por  Chamán  e  A doctora Cole.

Os libros no mes de marzo

  Durante o mes de marzo o CL Pintor de Castinande acolleu tres presentacións de libros con diferentes estilos e temáticas :  O día 3 de marzo estivo na Biblioteca de Sober Esteban Jiménez , có seu poemario :  Niño de barro y su metamorfosis.  O día 10 Xosé Manuel del Caño falou sobre literatura galega, recollida no seu ensaio :  A literatura galega nunha caixa de zapatos. O día 24 presentouse en Sober a novela Conmigo muere tu secreto de Fernando Hernández.  As presentacións feitas polos autores dos libros forman parten da programación cultural denominada Mes do Amandi, incluída no programa da XLVI Feira do viño de Amandi do Concello de Sober. 

XLVI Feira do viño de Amandi

 O próximo fin de semana Sober está de FESTA.      https://concellodesober.com/wp-content/uploads/2026/03/amandi-2026-programa.pdf?pid=15378

Presentación : Conmigo muere tu secreto, de Fernando Hernández

 

Presentación : Queda moito que sachar, de Xosé Manuel del Caño

 

Club de lectura Pintor de Castinande-Día Internacional da Muller

 

Merendas con contos-Marzo

 

Presentación do poemario : Niño de barro y su metamorfosis. Susurros de un corazón, de Esteban A. Jiménez

 

Club de lectura Pintor de Castinande-Programación marzo

 

CL infantil Viaxando polas Letras

Retomamos a colaboración coa biblioteca escolar no desenvolvemento do club de lectura da biblioteca escolar, do que forman parte os/as alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria.  A primeira lectura neste curso foi unha antoloxía das Fábulas de Esopo realizada por Jerry Pinkney  Neste enlace accedemos aos distintos encontros realizados sobre esta lectura.  Club de lectura CEIP Virxe do Carme de Sober

Merendas con Contos-Febreiro

 

CL-Por si un día volvemos

  O CL Pintor de Castinande comeza o ano coa lectura da última novela da escritora manchega María Dueñas , titulada Por si un día volvemos . A trama desenvólvese na cidade de Orán, nun amplo  espazo de tempo entre os anos 20 ata os anos 60 do século XX.  Nesta cidade africana desembarca una moza, co nome falso de Cecilia Belmonte. En apariencia cruzou o Mediterráneo para escapar da miseria, con todo a súa razón é máis turbia. Esta é a historia dunha muller humilde que emprende un camiño en ascenso, grazas a súa coraxe. Viviu o auxe colonial e o tráxico fin da Arxelia francesa.  Biografía de  María Dueñas

Merendas con Contos-Xaneiro