Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

CL-Como nacen as cancións

O  CL Pintor de Castinande estrea unha actividade grazas a estupenda proposta que nos fixo  MONCHA PRIETO.  Unha vez ao mes adicaremos un ratiño  do noso encontro semanal para  coñecer a orixe de cancións populares, que moitas veces non sabemos de onde proceden senda a maioría obra dos nosos autores. E , por suposto, tamén escoitaremos a música e as cancións.  A primeira en escoitar foi LELA : É un poema escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao , para a obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse" que se estreou en Santiago o 25 de maio de 1961 , na Praza da Quintana : Están as nubes chorando por un amor que morréu están as rúas molladas de tanto como chovéu. Lela, Lela,  Leliña por quen eu morro quero mirarme nas meniñas dos teus ollos. Non me deixes e ten compasión de min. Sen tí non podo,  sen tí non podo vivir. Dame alento cas túas palabras, dame celme do teu corazón, dame lume cas túas miradas dame vida c

Novidades infantil-xuvenil

Contos de entroido, relacións familiares e moitas historias  na sección INFANTIL -XUVENIL da BPM de Sober

CL- La ridícula idea de no volver a verte, de Rosa Montero

O CL Pintor de Castinande rematou o ano 2019 coa lectura deste libro de Rosa Montero . Cando Rosa Montero escribe este libro, fai case tres anos que viviu a perda do seu marido, Pablo Lizcano. Tras ler un pequeno diario que deixa Marie Curie e no que relata o seu primeiro ano de viuvez, a autora queda fascinada pola personalidade da científica e fai estoutra biografía . Coñecemos nela a evolución da persoa e os seus descubrimentos, o radio,  a súa aportación á ciencia e tamén a presencia dunha muller no medio dun mundo case exclusivamente masculino. Gañadora de dous premios Nobel ¡¡¡ :  Física ( compartido có seu marido ) no ano 1903 e Quimica en 1911. Un texto emocionante que atrapa ao lector e que inclúe fotos e moitas anécdotas persoais da autora. Lectura moi recomendable .  Rosa Montero, escritora e xornalista, naceu en Madrid en 1951. Debido á tuberculose e á anemia, tivo que permanecer

Premios dos Certames de Nadal 2019

Postais premiadas categoría A, ata 8 anos :  ANTÍA GAGO FERNÁNDEZ, 1º PREMIO   LEONOR MOLINA RIVAS , 2º PREMIO   DARÍO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, 3º PREMIO Postais premiadas categoría B, de 9 a 11 anos :  ZAIRA SALGADO BUJÁN, 1º PREMIO   LAURA GÓMEZ GRANDE, 2º PREMIO VALENTINA BROWN RAVAGNI, 3º PREMIO               Postal premiada categoría C, de 12 a 16 anos :  AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO, 1º PREMIO PREMIADOS CERTAME DE POESÍA :  BRAIS RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 1º PREMIO CAT. B, DE 9 A 11 ANOS UXÍA TRAIL BATES, 1º PREMIO, CAT. C, DE 12 A 16 ANOS   AITANA CRUZ RODRÍGUEZ CASADO, 2º PREMIO CAT. C, DE 12 A 16 ANOS   PREMIADOS NO CERTAME DE BELÉNS :  Infantil  :  CARLOTA FERNÁNDEZ SAÁ Adultos  :  1º premio  MARÍA DEL CARMEN IGLESIAS MOSQUERA 2º premio  PILAR PÉREZ CUERVA 3º premio   JAVIER MÉNDEZ SANDE O día 3 de xaneiro de 2020 , o Alcalde de Sober fixo  entrega dos premios aos gañadores destes certames.  Luís

Novidades Banda Deseñada

Star Wars : na biblioteca temos os cómic da maior aventura espacial de todos os tempos ; a historia e tamén os  personaxes : Obi-Wan , Anakin, Darth Vader.  E moitos máis ¡¡¡