N o mes de novembro o club de lectura Pintor de Castinande repite cun dos seus narradores favoritos, JUAN MARSÉ . Nesta ocasión entregamos a novela UN DÍA VOLVERÉ na que Marsé regresa aos seus temas e ambientes de sempre, aquí contados a través de Jon Julivert Mon , ex boxeador reconvertido en atracador de bancos na súa etapa de guerrilleiro urbano. O regreso de Julivert ao barrio tras cumprir unha longa condena no penal de Burgos pon en marcha un complexo mecanismo social: a conciencia da derrota e o desexo de revancha, a fascinación xuvenil pola violencia, a desfiguración da realidade mediante o esquecemento ou a fuxida a través da fantasmagoría cinematográfica acaban configurando unha crónica negra intimista e melancólica, contada dende un estilo sinxelo e directo. Interesantes adaptacións cinematográficas : El embrujo de Shanghai Víctor Erice iba a ser el director de la ver...