O día 24 de febreiro de 2013 se celebra o 176 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e ademáis este ano tamén está de aniversario ( 150 ANOS ) a primeira edición de CANTARES GALLEGOS . Na biblioteca de Sober recordamos a esta poeta cunha pequena mostra bibliográfica, coa lectura da súa biografía e rematamos cun obradoiro cós pequenos de Merendas con contos : compuxemos o universo de Rosalía con nubes, o sol a lúa algún planeta... Campanas de Bastabales, cando vos oio tocar, mórrome de soidades. Cando vos oio tocar, campaniñas, campaniñas, sin querer torno a chorar. Cando de lonxe vos oio, penso que por min chamades e das entrañas me doio. Dóiome de dór ferida, que antes tiña vida enteira e hoxe teño media vida. Só media me deixaron os que de aló me trouxeron, os que de aló me roubaron. Non me roubaron, traidores, ¡ai!, uns amores toliños, ¡ai!, uns toliños amores. Que os amores xa fuxiron, a...