LA PIEDRA LUNAR, de Wilkie Collins Probablemente fose o mellor expoñente da literatura policial /suspenso/de misterio que visen as letras. Morto en 1889 no medio dun escándalo pola lectura do seu testamento, no que deixaba todo as súas mulleres, Collins foi o escritor que mellor construiu historias con tramas longas, ben detalladas e que non deixan nada o azar. No caso de La piedra lunar, que o Club de lectura da Biblioteca remate de ler, o enigma consiste nunha pedra preciosa procedente da India, regalada a unha doncela que aínda non cumpriu a súa maioría de idade, e que atesourada nun moble do seu cuarto, ao que supostamente ninguén tiña acceso, desaparece da noite á mañá. Os fíos narrativos mostran lentamente, con moita sutileza por parte de Collins , as causas do roubo. Novela publicada en 1868, é considerada por algún crítico como a súa obra maestra, e como a máis perfecta novela policíaca do século XIX. Na literatura de misterio de Collin...