O día 9 de outubro de 1892 nace IVO ANDRIC ( Dolac, Austria-Hungría, 1982-Belgrado, 1975 ), premio Novel de Literatura en 1961, foi o literato máis sobranceiro da extinta Iugoslavia. Diplomático á par que escritor até 1941, durante a ocupación nazi permaneceu retirado da vida pública, escribindo as obras que lle darían sona mundial : A ponte sobre o Drina, Gospodica e Crónica de Travnik. Título traducido do serbio de Jairo Dorado Cadilla . "Na maior parte do seu percorrido, o río Drina discorre entre gorxas escuras, entre inclinados penedos ou a través dos canóns profundos de bruscas montañas. Só nalgúns lugares do curso as súas beiras convértense en amplos vales creando, nunha ou noutra ribeira, fértiles terreos que ás veces son chans e ás veces forman bancais, axeitados para o cultivo ou para asentarse xente." ( páx.7)