O Cl da biblioteca comenza o mes de abril coa lectura da novela de Ángeles Mastretta ARRÁNCAME LA VIDA . Escritora e xornalista mexicana coñecida por crear personaxes femininos que reflexan as realidades políticas e sociais do seu país, México. En Árrancame la vida , narra a vida de Catalina , unha moza de boa familia que casa có xeneral Andrés Ascencio e esperta a unha vida de pasión e luxo. Andrés cólmaa de caprichos, pero o seu amor é posesivo e Catalina sente que se afoga. Cando coñece ao director de orquestra Carlos Vives , mozo guapo e idealista, rebélase contra unha situación que ameaza con eclipsarla como persoa. Unha historia de amor que se desenvolve no México dos anos 30 que nos fai estar presentes en moitos dos acontecementos históricos dese país e ao mesmo tempo gozar coa lectura dunha boa novela. Foi levada ó cine no ano 2008 por Roberto Sneider nunha superproducción mexicana con gran éxito de pú...