
Aquí a escritora conta sen adornos a súa propia historia en oitenta páxinas. Son once capítulos para once momentos da súa intensa vida. Dunha infancia feliz á pobreza despois da guerra, pasando polos anos de soidade no internado, a morte de Stalin, a lingua materna e as linguas inimigas como o alemán e o ruso, a huída a Austria e a chegada a Lausanne co seu bebé. As palabras de Agota Kristof nunca son tristes, son xustas e precisas.
Agota Kristof naceu o 30 de
outubro de 1935 na cidade húngara de Cskvánd. Con 21
anos de idade abandona o seu país no momento en que a revolución
húngara de 1956 foi aplastada polas tropas do Pacto de Varsovia. Ela
có seu marido e a súa filla de 4 meses escaparon a Neuchatel en
Suiza. Despois de cinco anos de exilio e soidade , traballando
nunha fábrica, deixa o traballo e sepárase do seu home. Agota Kristof comeza a
estudiar francés e a escribir nese idioma, no que desenvolve unha extensa
carreira literaria que abarca a poesía, o ensaio e a ficción. Faleceu no ano
2011.
En 1995 publicou unha nova novela, Onte. En 2004 publica o relato autobiográfico A analfabeta , lectura coa que finalizamos este curso do cl Pintor de Castinande.
O seu último traballo é unha colección de historias curtas titulada C?est égal. Editouse en 2005.
Comentarios
Publicar un comentario