Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Amigos del libro infantil y juvenil , co apoio do Ministerio de Cultura, en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Esta conmemoración naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de todos os lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana. Cada ano se encarga a un escritor e a un ilustrador, ambos de recoñecido prestixio, a redación do pregón e o deseño do cartel que se difunde entre todas as bibliotecas de España, asociados e interesados. Este ano as elexidas foron dúas mulleres: Ledicia Costas, última gañadora do Premio Nacional (Escarlatina, a cociñeira defunta) e do Premio Lazarillo (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta), e a ilustradora Elena Odriozola , tamén galardonada co Pr...