París, 1935. O primeiros sete anos da vida de Pierrot, de pai alemán e nai francesa, están marcados polo candor dunha infancia non moi distinta da de calquera outro neno. Pero do mesmo xeito que para millóns de persoas, a guerra cambiarao todo. Tras a morte prematura dos seus pais, Pierrot ten que abandonar París e separarse do seu íntimo amigo Anshel, un neno xudeu da súa mesma idade. Deberá viaxar só ata Alemaña para vivir coa súa tía Beatrix na misteriosa casa na que está empregada. E non se trata dunha casa calquera, senón do Berghof, a enorme residencia que Adolf Hitler ten no alto dunha montaña nos Alpes de Baviera. Ata a súa chegada a Alemaña, o pequeno Pierrot —que agora se chama Pieter— non sabía nada acerca dos nazis. Agora, acollido na contorna íntima do todopoderoso Führer, verase envolvido nun mundo tan extrañamente sedutor como perigoso, no que non haberá lugar para a inocencia. Ao final da guerra, Pieter logrará regresar a Par...