Chega á Biblioteca de Sober o último dos poemarios de RAMÓN SANDOVAL : ZOCAS E DECIBELIOS Ediciones La Rectoral e Concello de Sober editan este volume que conta con reproducións adaptadas sobre debuxos orixinais da serie "Sólo loco, sólo poeta", de MAR SABATER . Este volume componse de dous poemarios . O primeiro , Cartografía da infancia , relata vivencias da nenez. O segundo, de temática urbana, leva por nome A pel do asfalto . Ramón Sandoval , procede da parroquia soberina de Barantes. Da súa producción destacamos o libro Territorios estraños , que foi galardoado co premio de poesía Victoriano Taibo , concedido no municipio pontevedrés de Gondomar. T amén gañou recentemente en Paradela o premio literario Manuel Orestes Rodríguez. Podemos atopar este libro na estantería de poesia en galego : G-P/SAN/zoc Aquí deixamos unha mostra SOÑOS Os soños eran limpos e sen fronteiras. Nada que tem...