As lecturas durante o mes de maio tiveron como protagonistas as verbas de MARÍA VICTORIA MORENO . Con Enrique Mauricio e Carlos Taboada ( Polo Correo do Vento ) coñecemos a biografía e a obra de Mª Victoria Moreno : profesora e escritora en lingua galega, que ensinou a toda unha xeración de mozos e mozas a amar a literatura en galego. Entre algún dos seus títulos máis coñecidos na biblioteca de Sober atopamos : "Mar adiante", "O Cataventos", "A festa no faiado", "Leonardo e os fontaneiros", "Anagnórise", "¿Un cachiño de bica", ¿"E haberá tirón de orellas" ?, "Guedellas de seda e liño", e "Eu conto, ti cantas". Coas novas tecnoloxías escribimos fermosas palabras galegas e os integrantes do CL Pintor de Castinande invitaron a súa reunión semanal do mércores a Mª José Vidal ( profesora de Galego no IES A Pinguela, Monforte de Lemos ) para que lles contara todo o que ...