Ir al contenido principal

CL -Camino de sirga, de Jesús Moncada




Comezamos o novo curso do CL Pintor de Castinande  coa lectura da novela de JESÚS MONCADA, CAMINO DE SIRGA.

Obra gañadora do Premio Nacional da crítica de literatura catalana e finalista no Premio Nacional de literatura en 1990.

É unha novela que poderiamos clasificar como de xénero xornalístico. A pesar de que o autor afirma que os personaxes non se corresponden con identidades reais toda a novela é a historia do pobo de Mequinenza situado no baixo Cinca. Os perfís dos seus personaxes correspóndense cos habitantes que o propio autor coñeceu e entrevistou. Jesús Moncada sempre estivo moi arraigado á súa terra, ata o punto que Camino de sirga narra a desaparición da antiga cidade de Mequinenza ( entre o río Segre, o Cinca e o Ebro ), debido á construcción do embalse de Riba Roja.

Esta novela está composta dos recordos dos seus personaxes ( máis de 200). Abarca desde mediados do século XIX ata os anos 70 do século XX. É unha novela sobre a memoria e polas páxinas desta obra desfila a vida dos seus veciños, combinando pasado e presente, e así coñecemos a historia dun pobo mineiro e comercial que viviu da extracción de lignito e do transporte deste a través do río Ebro, nunhas embarcacións chamadas laúdes :


Barcos de vela que, cando o vento era favorable, eran arrastrados por homes que tiraban deles con fortes cordas de esparto-sirgas- desde a beira do río.
Novela considerada como unha obra maestra da literatura catalá , por estar escrita nesta lingua e traducida a máis de dez idiomas, entre eles o galego .
 Atopamos esta edición na BPM de Sober G-N/MON/cam

Comentarios

Entradas populares de este blog

HOXE EN SOBER

Os alumnos e alumnas da Escola municipal  de teatro  de  Sober   presentan hoxe ás 17:30 horas no auditorio do Centro Sociocultural   a obra 'Sira e o Robot' . 

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán