A lectura desta novela foi a elexida polos membros do CL Pintor de Castinande para rematar este curso 2018/2019. Obtivo o premio Pulitzer para obras de ficción 2015 e nela o autor ( Anthony Doerr (Cleveland, EE UU, 1973) relata de forma paralela, a historia dunha nena cega que vive en París , Marie-Laure, e un neno alemán, Werner, durante a ocupación alemá na 2ª G.M. Werner : medra na rexión mineira de Zollverein (antigo lugar industrial na cidade alemá de Essen no estado de Renania do norte, hoxe Patrimonio da Humanidade ) . Xunto coa súa irmá Jutta e doce nenos máis, vive nun orfanato ao coidado de Frau Elena. A intelixencia deste mozo non pasa desapercibida polos alemás e moi cedo atopa o seu lugar entre a élite do exército nazi. Marie-Laure : vive co seu pai en París, preto do Museo de Historia Natural . Cando queda cega , o seu pai constrúelle unha perfecta miniatura do barrio no que viven para que poida memoriza...