A BPM de Sober está en proceso de integración no Catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia , grazas a implantación do sistema de xestión bibliotecaria Koha e a creación dun catálogo colectivo único. Este catálogo ten un dobre obxectivo: A creación dun catálogo colectivo e dun carné de lector único válido para a todas as bibliotecas públicas da rede que permita a unificación dos servizos que se ofrecen. Este novo sistema facilita o labor dos técnicos bibliotecarios a través dunha xestión unificada e eficaz ; ao mesmo tempo unha serie de vantaxes para o usuario como son : acceso aos servizos de calquera biblioteca integrada na Rede. consulta do catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia . servizos online sen ter que desprazarse á biblioteca, como poden ser solicitar o carné de rede , reservar libros e renovación de préstamos. posibilítase tamén o acceso á plataforma de préstamo electrónico GaliciaLe . Dende finais deste mes de...