Comenzamos o curso 2019/2020 coa novela PATRIA , de Fernando Aramburu. O que nos conta esta extensa obra, ten máis de 600 páxinas, é algo que foi cotián durante máis de 40 anos na sociedade vasca e que se prolongou dende mediados dos oitenta ata tempo despois do cese definitivo da violencia de ETA no 2011 ; o que comezou como unha loita contra a ditadura do Xeneral Franco pasou a ser a loita pola independencia de Euskadi, sen importar os métodos que se usasen. O autor centra a acción da súa novela nunha imaxinaria localidade de Guipúzqua. Neste pequeno pobo, onde todos se coñecen, dúas familias amigas de sempre ven como as circunstancias políticas sepáranas de forma total. Destaca neste relato a fortaleza dos personaxes femininos : Bittori , Miren e Arantxa , que son o eixo da historia, mulleres fortes que sufren a crudeza do momento que lles tocou vivir . O libro remata cunha chamada a esperanza ; os esforzos das tres mulleres por pe...