Ir al contenido principal

CL-Como nacen as cancións


CL Pintor de Castinande estrea unha actividade grazas a estupenda proposta que nos fixo  MONCHA PRIETO. 

Unha vez ao mes adicaremos un ratiño  do noso encontro semanal para  coñecer a orixe de cancións populares, que moitas veces non sabemos de onde proceden senda a maioría obra dos nosos autores. E , por suposto, tamén escoitaremos a música e as cancións. 



A primeira en escoitar foi LELA : É un poema escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, para a obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse" que se estreou en Santiago o 25 de maio de 1961 , na Praza da Quintana :


Están as nubes chorando
por un amor que morréu
están as rúas molladas
de tanto como chovéu.

Lela, Lela, 
Leliña por quen eu morro
quero mirarme
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compasión de min.
Sen tí non podo, 
sen tí non podo vivir.

Dame alento cas túas palabras,
dame celme do teu corazón,
dame lume cas túas miradas
dame vida co teu doce amor.

Lela, Lela,
Leliña por quen eu morro
quero mirarme 
nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes
e ten compasión de mín.
Sen tí non podo, 
sen ti non podo vivir.

Na letra desta canción respectamos a ortografía orixinal. Algunhas palabras non son aceptadas hoxe no galego normativo.



Sipnose de "Os vellos non deben de namorarse "  : Saturio, un vello boticario, perde a cabeza por Lela, unha rapaza nova namorada dun carabineiro. Ela non lle di que si, pero tampouco que non. Él , ó cabo, acaba pensando que a moza lle convén casar con él, porque é un home feito e dereito, coa cabeza ben asisada.
Engaiolado polo recordo da rapaza, acompañado por unha guitarra, interpreta Lela, unha canción da súa época de estudante en Santiago.
A morte aparéceselle ó boticario, vestida de home vello, e dialoga con el. Acaba dicíndolle "Non esquezas de que os vellos que se namoran das mozas novas buscan a morte". Así acontece.

A música : foi composta por Rosendo Mato Hermida (Vilalva 1914-Santiago 1994) que a rexistrou na SGAE en 1977. Curiosamente, no ano 2006 outro músico reclamaba a autoría da melodía dun xeito ben curioso : a cantante galega Eva Carreras, que participaba en Operación Triunfo, recibiu unha mensaxe de voz que dicía : " Eva, es para darte ánimos y que trabajes, haz caso de las indicaciones que te hace el jurado. Soy Miguel de Santiago, el compositor de la canción Lela. Ánimo".
A polémica estaba servida. Os herdeiros de Rosendo Mato puxeron unha denuncia contra Miguel de Santiago. Pouco tempo despois, déronlle a razón a Rosendo Mato.


Lela foi cantada por moitas voces. Entre elas :


María do Ceo

Paloma San Basilio

Eva Carreras ( a capela en OT)

O Trícole

Los Sabandeños

Foi traducida a varios idiomas : alemán, español, francés, griego, inglés, italiano, portugués.




Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao tiña un desexo, que "Galicia fora un paraíso".
Considérase o máximo representante do nacionalismo galego de signo progresista. Naceu en Rianxo en 1886. Pasou a infancia en Arxentina e non volveu ata o ano 1900 para realizar estudios de medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1926 foi membro da Academia Galega.
Conseguiu finalizar a carreira de dereito, pero endexamais a exerceu, xa que foi funcionario do Instituto Xeográfico e Estadístico e profesor de debuxo nun instituto de ensinanza media de Pontevedra.
Militante nacionalista galego, conselleiro do Partido Galeguista, nomeárono deputado para as Cortes constituintes por a Organización Galega Autónoma (ORGA). No ano 1936 foi nomeado de novo deputado polo Frente Popular. Colaborou de maneira decisiva na elaboración do Estatuto de Galicia. Cando rematou a Guerra Civil tivo que saír de España e foi membro do goberno republicano no exilio.
Entre os seus libros de narracións curtas destacan : Cousas, Os dous de sempre e Retrincos. Nas obras As cruces de pedra na Bretaña (1930) e As cruces de pedra en Galicia (1949) mesturou os seus coñecementos históricos, antroplolóxicos, arqueolóxicos e artísticos.
Os vellos non deben de namorarse (1941) é a súa primeira incursión no teatro. Foi tamén un bo pintor de temas e asuntos realistas, e un magnífico debuxante, caricaturista e humorista.
Alfonso Daniel Rodríguez castelao Finou o 7 de xaneiro de 1950 en Bos Aires.
No ano 1994 foi trasladado a Galicia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Encontro co autor : UNO DE TANTOS, de JOSÉ BALBOA

                                                   JOSÉ BALBOA RODRÍGUEZ  “Uno de tantos' narra una historia de aquellos que no tenemos voz". JOSÉ BALBOA  E O SEU BLOG  RELATOS DEL CAMINANTE A VENDA DESTE LIBRO DESTÍNASE Á INVESTIGACIÓN DA ELA  (Esclerosis lateral amiotrófica) MÉRCORES 31 DE MAIO ÁS 19:30h. Club de lectura Pintor de Castinande Biblioteca de Sober

Premiados Certames de Nadal

 O venres día 3 de xaneiro tivemos unha tarde chea  de premios. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, , fixo entrega dos premios e agasallos aos gañadores dos diferentes  concursos convocados polo Nadal.  Premiados ano 2024 CERTAME DE POSTAIS Categoría A 1º ALFONSO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ 2º TEO CASTRO LÓPEZ 3º LUKA RIVERO LOSADA Accésit : ANTÍA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ e LUKA RIVERO LOSADA Categoría B 1º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ 2º XIANA RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 3º ADA CASTRO LÓPEZ Premios á participación : -RESIDENCIA DE MAIORES  NOSA SEÑORA DO CARME                                         -CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME CERTAME DE BELÉNS Categoría infantil 1º XIANA RODRÍGUEZ e CARLA MARTÍNEZ PARDO 2º ADRIANA GONZÁLEZ DE LA TORRE 3º GABRIEL DOURADO RODRÍGUEZ Premio á participación : RESIDENCIA DE MAIRES NOSA SEÑORA DO CARME Categoría adultos 1º RAQUEL ÁLVAREZ PÉREZ 2º C...

Merendas con Contos - Febreiro