Ir al contenido principal

CL-Como nacen as cancións

Nestes días de aillamento social a BPM de Sober intenta manter a dinámica habitual neste blog.

 Esta é razón pola que hoxe imos coñecer a orixe dunha canción moi popular :
 A Carolina. 

É unha canción de orixe descoñecido, Galicia e Portugal reclámana para si.
A letra parece inocente, pero non é tal, coma case sempre pasa nas cancións populares galegas : "As letras son para que cada quen interprete o que queira".

Hai quen afirma que se fixo en honor a Carolina Otero, ( antes Agustina ) e logo convertida na Bella Otero. Tamén hai quen afirma que Carolina tiña unha saia cun lagarto bordado, ou non, quen o sabe ! Quizais foi todo imaxinado por quen escribira a letra.
O certo é que a Carolina máis famosa da literatura galega foi a Bella Otero.
Carolina naceu en Valga, no ano 1868, de nai solteira. O pai disque era un oficial da armada grega. cando só tiña dez anos foi brutalmente violada ata case causarlle a morte. Rompéronlle a pelve e producíronlle hemorraxias moi fortes. Fuxiu da casa levando as costas non só a dor física senón tamén as acusacións veladas dalgúns veciños que a culparan a ela pola provocación.
Ós trece anos coñeceu o seu primeiro amante. Ensinouna a bailar, cantar flamenco e a prostituirse.  Enfermou e volveu á casa, pero a nai non a aceptou. Traballou unha tempada cunha compañía de cómicos portugueses e desmpeñou diversos traballos para sair adiante.
En 1888 coñecu a Ernest Guguers, un banqueiro que apostou por ela, deixando atrás, diñeiro, familia e estabilidade. este home, usando as súas influencias, levouna a París e converteuna na Bella Otero.
Durante anos actuou no prestixioso Folies Bergere, donde era a estrela principal. Foi a primeira artista española recoñecida internacionalmente.
Carolina foise alonxando de Ernest, deixándoo arruinado e só, ata que acabou suicidándose.
Fixo xiras por todo o mundo e namprou os homes máis poderosos de Europa. Pola súa cama e a súa vida pasaron : Guillermo II de Alemania, Nicolás II de Rusia, Leopoldo II de Bélgica, Alfonso XIII de España...
Foi a muller máis desexada da época. Amasou unha inxente fortuna, que dilapidou nos casinos. Retirouse aos 46 anos e a súa vellez foi bastante difícil
  ; sobrevivía cunha pequena pensión que lle pasaba o casino de Montecarlo, en agradecemento polos moitos millóns que lle fixera gañar nos seus anos dourados. 
Morreu cando tiña 97 anos.

Disque foi a causante de seis suicidios. O Concello de Valga dedicoulle unha escultura.
A canción da Carolina cantárona moitas voces : 

Os primeiros foron Fuxan os Ventos no ano 1978, e dende entón fíxose, se cabe, máis popular.





A Carolina, fose adicada a unha peixeira, ou a Bella Otero, é sen dúbida unha das cancións máis cantadas na nosa xeografía, na portuguesa, e tantos e tantos recunchos onde chegaron os galegos.


Grazas a Moncha Prieto polo traballo de recollida das cancións galegas que figuran no blog da BPM de Sober.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Recomendaciòns lectoras

Recomendacións verán  

Lectura no campamento de verán 2025 'Coñece o teu concello'. 6

Poñemos punto e final ás lecturas no campamento de verán 2025 con dous libros imperdibles da editorial Kalandraka: Ratos de viaxe de Oli e Natalia Colombo e O conto do outro día de Roberto Aliaga e Noemí Villamuza. O verán e un momento fantástico para gozar coas grandes historias que se encontran nos contos!

Obradoiro de cianotipia no Faladoiro dos luns

O Faladoiro dos luns despediu este curso cun obradoiro para descubrir a cianotipia impartido por Lucía Lobelle.  Nel introducíronse no proceso, a historia e os materiais necesarios desta técnica fotográfica.