👧👧👦👦 Actividades campamento de verán do 28 ao 30 de xullo ( 5ª semana e última deste verán 2020 ) ✅ Martes 28 Lectura do conto : " A CASA DA MOSCA CHOSCA", de Eva Mejuto con ilustracións de Sergio Mora : Este é un conto popular ruso que nos fala da casa dunha mosca onde hai unha torta de amoras , sete pratos , sete banquetas e sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis… pero alguén peta na porta . Seguindo a dinámica deste campamento de verán, os nenos e nenas participantes comezan a mañá coa lectura dun conto previamente seleccionado da biblioteca e que len entre todos e todas as asistentes. Neste enlace podemos escoitar a canción da mosca chosca interpretada polos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober https://www.youtube.com/watch?v=lXFgnQTawqk Neste día tivemos pasatempos , xogando coas tablets e un obradoiro de creación de maquetas. ✅ Mércores...